Amigus
As Pontes

CD AS PONTES ACTOS DO 50º ANIVERSARIO: HOMENAXE ÓS EX – PRESIDENTE DO CD AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Mañá sábado, a partir das dúas e media da tarde (14,30) o Club As Pontes celebrará o acto máis importante dos que ten previsto con motivo do seu cincuentenario de ingreso na federación de fútbol, cun xantar conmemorativo ó que asistirán a totalidade dos planteis dos trece equipos da entidade, antigos directivos e diversas autoridades, así como afeccionados e antigos xogadores do Club, en especial os que formaron parte do primeiro plantel de 1960, como Nené, Cao, Maltrana, Teruel e Diego Pajón. Esta prevista a asistencia de preto dunhas 600 persoas. A comida será nunha ampla carpa instalada no recinto deportivo do campo do Poboado.
Sen dúbida algunha, o acto máis emotivo desta xornada será cando o propio presidente do Club, Xaime Castro, faga entrega da insignia de ouro do Club e un pergameo a tódolos presidentes que tivo a entidade dende 1960 en recoñecemento a súa labor a favor desta histórica sociedade deportiva.
LOGO_50_ANIVERSARIO.jpg


Ademais de Xaime Castro Paz, actual presidente, estarán presentes Lucio Rubio de Antonio, Ricardo Barredo González, José Luis Soto Soria, Xosé Manuel Da Silva Bello e os familiares de Ramón Tobar Ochoa de Alda, Fernando Alarcón Hernández –os dous primeiros presidentes- e Constantino Parajón Parajón, os tres falecidos nos últimos dous anos. Por atoparse de viaxe no poden asistir Fermin Gil Alonso e Juan Manuel Cabal García.
Tamén serán homenaxeados os xogadores do Deportivo da Coruña, David Rochela e Adrián López “Piscu”, que saíron da canteira do club pontés e xa están xogando na primeira división. Precisamente, David e Adrián serán outra vez protagonistas no pregón das festas patronais do vindeiro mes de xullo, xunto a dous históricos do fútbol local, Celso Roca e Manolo Vilaboy, que durante moitos anos estiveron ligados ó Club, primeiro como xogadores e despois como adestradores dos equipos de base.
Outros dos actos previstos para este ano será a celebración dun encontro conmemorativo entre dous importantes club galegos, o trofeo Vila das Pontes, e en vindeiras datas unha exposición de fotografías e a publicación dun libro no que se reflicte a historia gráfica e estatística do Club en case catro décadas de historia.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios