Cea dos 50 anos

Outro ano máis, e como xa é tradicional na nosa vila, os mozos e as mozas que chegamos aos 50 anos de vida imos de festa para celebralo. Este ano a cea/baile será o sábado 31 de maio en Casa Toñita (A Capela).
Coma sempre tamén, o obxectivo da celebración é volver a vernos e pasalo coma os mesmos deuses. Para iso o ideal sería reunir ao meirande número de xente posible e, por iso, pedimos que lle deades a maior difusión a esta nova. Teñen que funcionar esas redes sociais, eses teléfonos e, por suposto, o boca orella.
Quede claro que nin se invita nin se exclúe a ninguén: todos somos benvidos. Non queremos botar en falta a ninguén!
Mais información en www.facebook.com/aspontes1964
cea_50.jpg

También podría gustarte
Comentarios