Amigus
As Pontes

‘Cenizas del cielo’, de José Antonio Quirós

Un filme sobre a incapacidade do home de vencer ao progreso
«Esta historia podría contarse en Ucrania porque las chimeneas de las térmicas son una constante mundial», afirma o seu director.
Calificado como o primeiro filme medioambiental español, pisou a gran pantalla dos cines españois o pasado 7 de novembro. Hai que decir que foi seleccionado para participar na sección oficial da 21ª edición do Festival Internacional de Cine de Tokyo, onde gañou o Premio Toyota Earth Grand Prix, logo de pasar polo Festival Internacional de Cine do Medio Ambiente (FICMA).

Cenizas-del-cielo.jpg


Sinopse
O filme está dirixido por José Antonio Quirós e protagonizado por Celso Bugallo, Clara Segura, Gary Piquer e Beatriz Rico, entre outros. Trátase da historia de Ferguson (Gary Piquer), un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, que visita o norte de España para completar a súa derradeira publicación. Durante a súa viaxe vese literalmente tirado pola súa autocaravana aos pés da central térmica de Soto de Ribera. Debido ao imprevisto co seu vehículo, atópase coa necesidade de permanecer no lugar, onde entablará unha peculiar amizade con Federico (Celso Bugallo), un home de campo que pensa que o protocolo de Kyoto vai a pechar a térmica que contamina o val. Pouco a pouco, Ferguson verase inmerso no compromiso de apoiar a Federico na súa loita contra a central térmica e irá descubrindo o microcosmos do pequeno lugar e aos seus habitantes, como Cristina (Clara Segura), unha muller con dous fillos que vive pegada á térmica, ou unha parella que pensa que non pode ter fillos por culpa da central. Tamén hai un mineiro prexubilado obsesionado polo golf e un troiteiro que colle de todo menos troitas.
«Hay personas capaces de vivir en lugares imposibles», di o director asturiano José Antonio Quirós. Él, que sempre viviu obsesionado con «esos espacios», ten retida na súa memoria a imaxe da «térmica de Soto de Ribera que veía cuando pasaba por la carretera, esa chimenea…». Segundo él mesmo confesa éste foi o punto de arranque de «Cenizas del cielo», un filme que segundo o seu autor, fala «de una contradicción en nuestra sociedad, de la necesidad de buscar el equilibrio entre el desarrollo y la sostenibilidad».

También podría gustarte
Comentarios