Cerca de 20 concellos da comarca participan no proxecto ‘Insertamos’

Lendo diariodeferrol.com:
“Un total de 73 concellos da provincia participan nas actividades formativas do proxecto Insertamos, xestionado pola Diputación da Coruña co obxectivo de favorece-la inserción laboral de persoas desempregadas mediante a formación teórico-práctica. Na presente edición, a convocatoria pivota sobre o cuidado das persoas dependentes para o desenvolvemento da vida diaria, tanto no que se refire ó cuidado de maiores e discapacitados como ó de nenos.”…


…”As actividades formativas comezarán o vindeiro luns, ás nove da mañá, nunha vintena de concellos, entre os que están os de Cedeira, Ortigueira, San Sadurniño, As Pontes, Fene e Pontedeume, na especialidade de cuidado de nenos, no que a comarca de Ferrol se refire.
Ademáis dos concellos xa citados, participan desta experiencia contemplada no programa Operativo de Fomento de Emprego as administracións de Ares, Cariño, Cerdido, Mañón, Moeche, Valdoviño, Neda, Mugardos, Cabanas, Monfero e Vilarmaior.”
Fonte: diariodeferrol.com

También podría gustarte
Comentarios