CERTIFICANDO O LIDERATO: PADEL EUME MATOJOMA

ames-vs-eume.pngEnfrentabanse os dous equipos invictos na cuarta xornada na liga de padel rias altas; Let padel Ames de Santiago contra o equipo do padel eume.
Os ponteses solventaron con éxito o enfrontamento a pesar de ter algunhas baixas salientables demostrando ter un amplio plantel de gran calidade.
A primeira parella pontesa Manuel ferro e Fernando Caaveiro tiveron un partido comodo poñendose no primeiro set cun 4/1 a favor en poucos minutos e no segundo parcial 5/2 dun xeito solido xogando sin fisuras e moi comodos. O resultado 6/2 6/3.
A parella duas pontesa formada por Angel Cañizares e Dani pena colleitaban unha derrota no terceiro set nun partido bastante gris , 6/3 4/6 6/3.
Toni Purriños e Diego Prieto formaban a terceira parella pontesa , os cales mostraronse bastante imprecisos e non entraron no encontro en ningún momento caendo por un doble 6/3.
O cuarto punto xogarono Poty leal e Santiago Barro que tiveron que atarse os machos e remontar un duro partido despois de perder o primeiro set fácilmente souberon reponerse e gracias a un moi bo partido de ambos sacar a diante os dous seguintes parciais.2/6 6/2 6/2.
E por ultimo con empate a dous decidiuse a eliminatoria no quinto punto que o xogaron os ponteses David lago e Marcos Fdez , despois dun horrible comezo polos nosos centraronse e lograron un par de sets moi solidos , salientar o gran partido dos dous ponteses que a pesar da presión mostraronse coa cabeza fría e sacaron o seu mellor padel vencendo por 3/6 6/3 6/3.
Con esta victoria o equipo certifica o liderato despois de catro xornadas e colocase nunha situación priviliexada o fronte do grupo para os play offs de ascenso.


Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios