PARTIDO DE ADESTRAMENTO DE ENRIQUE FORNOS COA SELECCIÓN GALEGA

O xogador pontés do RC Deportivo, Enrique Fornos, ven de ser convocado de novo para un partido de adestramento que se levará a cabo hoxe mércores, en Vigo, ás 16:45, no Campo de A Xunqueira, sito en Comesaña, para enfrontarse ó CD Areosa.
O equipo vigués milita na Liga Nacional Xuvenil, na que marcha terceiro clasificado so por detrás dos segundos equipos xuvenís de Deportivo e Celta, e ambos combinados xa se enfrontaron hai uns tres meses co resultado de empate a cero goles.


Esta será una das últimas convocatorias do adestrador galego cadete Anxo Doval, pois a selección afrontará en breve, a mediados de marzo, en Canarias, a segunda fase de clasificación do Campionato de España, xunto á selección locataria e a de Cantabria.
E de feito o seleccionador so convocou a 18 xogadores, nunha lista que de seguro será moi aproximada á que levará ás illas afortunadas.
RC Celta de Vigo: Álvaro Fernández, Diego Alende, Brais Méndez, Rubén García
RC Deportivo de A Coruña: Enrique Fornos, Aarón Sánchez, Alberto Leira, Pablo Cacharrón
Pontevedra CF: Jose Filgueira, Iago Martínez
CD Areosa: Martín Fuentes, Antón Alonso
ED Val Miñor: Roberto Doncel, Eloy Rollán
Montañeros BG: Pape Diop
CD Lugo: Edgar Redondo
Pavillón Ourense: Saúl González
Bergantiños CF: Iván Baña
Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios