Charla sobre a fisionomía e o mantemento do piano
Hoxe ás 18:00 horas no Conservatorio haberá unha charla sobre a fisionomía e o mantemento do piano organizada pola ANPA O Eume e impartida por Dna. Marta Paz, técnica en afinación, reparación e axustes de pianos. Nela trataranse temas como o mecanismo, tanto en pianos verticais como de cola, o sistema de doble escape, os pedais, a súa evolución, o arpa e os seus tipos, a afinación, o mantemento, a limpeza e respostaranse todas aquelas preguntas que vaian xurdindo.

A entrada terá un prezo de 3 euros e será gratuita para tódolos socios da ANPA O Eume. Está aberta ó público en xeral e está especialmente indicada para estudiantes de piano ou xente que teña un piano na casa e queira saber algo máis deste maravilloso instrumento.