CiberIrmandade da Fala e Fala Ceive unen as súas webs

Dende a CiberIrmandade da Fala indícannos que veñen de facer un novo acordo con Fala Ceive, polo que van a unir as súas webs.
Inda que quedan pormenores que axustar nas novas páxinas, o web de Fala Ceive xa está operativo en calquera destes enderezos:
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://falaceive.ciberirmandade.org
http://falaceibe.ciberirmandade.org


E seguen indicándonos os nosos CiberIrmáns:
Dende eiquí convidámosvos a visitar este novo web e a deixar os vosos saúdos aos companheir@s da Galiza Irredenta. Neste día queremos remarcar unha vez máis a necesidade de colaboración e suma de esforzos entre todas as forzas vivas deste planeta chamado Galiza pra rachar co minifundismo
mental do que pecamos tantas veces os galegos e galegas e poder acadar deste xeito a nosa utopía.
Rematar subliñando que a CiberIrmandade da Fala está a usar recursos de RedeGalega.org, entidade de Fillos.org, a quen non podemos senón amosar a nosa mais sinceira gratitude polo seu apoio no desenvolvemento das nosas actividades e na procura dese obxectivo común de unión da galeguidade
espallada por todo o mundo.

También podría gustarte
Comentarios