CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 28-29-30 / ABRIL /2017

Penúltimo partido fóra do As Pontes na vila ourensá de Barbadás

Pase o que pase nas tres xornadas que quedan para o remate da competición, o As Pontes descenderá de categoría na 18º praza. Tamén están descendidos Ordes e Dubra. O Castro, aínda que ten posibilidades, pode ser o cuarto, ademais dun seguro descendido por arrastre do Somozas e un posible segundo por descenso do Boiro (agora en posto de perder a categoría, 17º con 38 puntos), que o ten complicado nas xornadas que quedan na Segunda B. Recibe no seu campo ó Pontevedra (en posto de play-off) e na derradeira ó Burgos (15º con 39 puntos) e visita ó Ferrol (7º con 48).

Están en perigo os clubs Céltiga, Alondras e Ribadumia, ó que visita o As Pontes na derradeira xornada.

Quinta visita oficial do As Pontes a Barbadás, onde nunca perdeu. Gañou dous encontros (0-4 e 0-2) e empatou dous (2-2 e 1-1), todos na 3ª División. Na primeira volta no Poboado os ourensáns venceron por 0-1.

Sinalar que tódolos equipos de base disputan os seus partidos na tarde do venres por mor do maratón escolar da fin de semana.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (36ª xornada)
U.D. BARBADÁS – C.D. AS PONTES
CAMPO DOS CARRÍS (Barbadás)
Domingo 30 de Abril de 2017 (18:00 h)
ÁRBITRO: MANUEL A. RODRÍGUEZ BARREIRA (Vigo)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
SDC A CAPELA – CD AS PONTES
Campo dos Calzados (A Capela)
Domingo 30 de Abril de 2017 (11:00 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CD NARÓN “A”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 29 de Abril de 2017 (11:30 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES
Campo de San Claudio (Ortigueira)
Sábado 29 de Abril de 2017 (16:15 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
GALICIA CARANZA “C” – CD AS PONTES
Campo Municipal (Caranza)
Venres 28 de Abril de 2017 (17:30 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
CD CARIÑO – CD AS PONTES
Campo Municipal (Cariño)
Venres 28 de Abril de 2017 (19:00 h)
CD CARIÑO “B” – CD SAN SADURNIÑO
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 28 de Abril de 2017 (18:00 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
EUME DEPORTIVO “B” – CD AS PONTES
Campo da Gándara (Pontedeume)
Venres 28 de Abril de 2017 (18:30 h)
CD AS PONTES “B” – CD NARÓN
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 28 de Abril de 2017 (19:15 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – FC ORTIGUEIRA
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 28 Abril de 2017 (20:10 h)
CD NARÓN “B” – CD AS PONTES “B”
Campo do Cadaval (Narón)
Venres 28 de Abril de 2017 (18:45 h)

Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios