CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: RESULTADOS 10-11-12 / FEBREIRO /2017

Triunfos do Feminino, Xuvenil, Cadete, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns. Nunha xornada tremendamente fría moitos equipos tiveron que xogar no campo no que se xoga a Liga de Veteráns.

Triunfos do Feminino, Xuvenil, Cadete, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns. Nunha xornada tremendamente fría moitos equipos tiveron que xogar no campo no que se xoga a Liga de Veteráns.

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
CD AS PONTES – CD CARIÑO (6-0)

Contundente vitoria do equipo feminino, con catro tantos de Carlota nos primeiros 18 minutos. Curiosamente a capitana leva ese mesmo número de goles na Liga, 18.
Ó descanso chegouse con 5-0 no marcador tralo tanto de Carolina Rodríguez. Xa preto do final anotaba o sexto Paula Castro, que quedou soa tras unha asistencia da capitana, e cun remate ó longueiro de Noelia Ameneiro rematou o partido.

Terceiras con 49 puntos visitan ó Santa Mariña, undécimo con 19, equipo que foi mellorando bastante co paso das xornadas.

Xogaron Leti, Andrea Pita, Nuria, Yoli, Noelia Ameneiro, Carolina Paz, Xeila, Paula Castro, Carlota, Carolina Rodríguez, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD (6-2)

Vitoria do Xuvenil ante a Cultural Maniños 6-2. O partido xa quedou sentenciado ao descanso ó que se chegaba con 4-0, tantos de Cazás, Casas e doblete do central de primeiro ano Bruno. No primeiro tramo do segundo tempo outro doblete, neste caso de Manuel Romero, poñía o 6-0. Deixaronse levar un pouco nos derradeiros minutos, e tras un mal despexe defensivo, Daniel poñía o 6-1, e pouco despois de cabeza Héctor anotaba o 6-2.

Tamén puido ampliar o marcador o cadro de Felipe Mieres, pois o colexiado comeuse un claro penalti, xa que nunha xogada fortuita o porteiro visitante levou por diante a un xogador local. Tamén puido marcar Pita, que quedou só dentro da área, ou Carlos, que disparou ó lateral da rede tras unha gran xogada de Casas.

Terceiros con 18 puntos, reciben ó Galicia de Caranza B, cuarto coa mesma puntuación. Xogaron Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Chema, Iago, Pita, Cazás, Casas, Josiño, e despois entraron Carlos, Manuel Romero, Alex Barro, Santi e Derick.

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (1-2)

Vitoria na mañá deste domingo do Cadete na súa visita ó Rápido de Neda, cuarto clasificado, 1-2. Pese a que comezaron adiantándose os locais cun gol de penalti de Xoel, un tanto de Vicente Iglesias e outro de Xavi Gabeiras, déronlle a volta aó marcador e a terceira vitoria na Liga para o conxunto de Rubén Pardo, que xa suma 11 puntos, na novena posición, antes de visitar ó CD Narón, décimo con dez puntos.

Xogaron Juan, Eyob, Azoin, Nono, Antonio, Antón Paz, Adrián, Chema, Vicente, Xan e Jose, saíndo despois Xoel, Samuel, Xavi e Mohamed.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
CD AS PONTES – GALICIA DE MUGARDOS (3-3)
SD RÁPIDO DE NEDA – CD AS PONTES (0-0)

No encontro aprazado a fin de semana polo temporal e xogado este mércores empataba a 3-3 o Infantil ante o segundo clasificado Galicia de Mugardos, con presencia olímpica no campo. Igualada que sabe a pouco porque aos quince minutos xa gañaban 3-0 con tantos de Xoel Purriños (2) e Adrián Bellas. Pero no derradeiro cuarto de partido, os tantos de Miguel, David e Daniel no último minuto, establecían o 3-3 definitivo. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Mario Fraga, Adrián, Manuel, Jandro, Hugo, Xoel, e despois entraron Edgar, Sergio Hermida, Dani e Mateo.

Xa este sábado empataron 0-0 na súa visita ó terceiro, Rápido de Neda. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Manuel, Mario Fraga, Jandro, Hugo, Xoel e despois entraron Edgar, Sergio Hermida, Mateo e Iván. Sétimos con 8 puntos reciben ó Galicia de Caranza C, cuarto con 9.

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
SCRD NARÓN O FREIXO B – CD AS PONTES B (5-1)

No partido aprazado a fin de semana pasada e xogado este xoves perdía o Alevín B 5-1 ante o segundo clasificado, Narón O Freixo B, tanto de Xandre Fernández. Encontro máis igualado do que sinala o marcador porque faltando seis minutos para o remate o resultado era de 1-1. Este martes xogaráse o derbi entre o equipo A e o B. Uns son terceiros con 15 puntos e os outros oitavos con 6.

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
GALICIA DE CARANZA D – CD AS PONTES (1-4)
CD AS PONTES B – RACING SAN PEDRO CF (1-5)

Outro gran paso de cara a afianzar o liderado do Benxamín A, que gañou 1-4 ó Galicia de Caranza D, tantos de Sergio Vázquez, Destaw Pellón, Diego Lozano e Alejandro Leal. Líderes con 24 puntos e con cinco de ventaxa sobre o Ánimas, na vindeira xornada reciben ó Cebarca, oitavo con 8. O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-5 contra o líder Racing San Pedro, tanto da honra de Xavi Regueiro, que logrou a súa sétima vitoria consecutiva. Sétimos con 6 puntos, visitan ó CD Narón, terceiro.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
CD AS PONTES – CD NARÓN (3-2)
CD CARIÑO – CD AS PONTES B (2-4)

Boa vitoria do Prebenxamín A ante o quinto, CD Narón, 3-2, tantos de Xandre Domínguez (2) e Nacho Villasuso, e aínda que os tantos de Fabio e David, no último minuto, maquillaron o marcador, os de Guille lograron a vitoria, e son segundos con 16 puntos no grupo dos mellores, antes de visitar ó Ortigueira, noveno con 4. Pola súa banda, o Prebenxamín B tamén gañou 2-4 na súa visita ó Cariño, anotando ademáis os seis goles, magoa que dous na porta equivocada. Guillermo Folgar, Iago Cebreiro, Íker Díaz e Xoel Galego deron a vitoria e xa son sétimos con trece puntos antes de recibir ó Val, noveno con dez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios