CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS 7-8-9 / OUTUBRO / 2016

Vitorias do feminino, infantil e tódolos equipos de fútbol 8, agás o Prebenxamín B.

Vitorias do feminino, infantil e tódolos equipos de fútbol 8, agás o Prebenxamín B.

TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL (Galicia)
SILVA SD – CD As Pontes (1-0)

O primeiro equipo perdeu 1-0 na Coruña ante o Silva tras un penalti moi discutido, noutra actuación arbitral polémica. Ó cuarto de hora anotou Renan Zanelli desde os once metros. Logo o As Pontes buscou o empate, sobre todo na segunda metade, tendo Ibrahima as mellores ocasións, pero o marcador non se moveu e os locais soben a zona tranquila con 12 puntos, mentres os azuis continúan cos tres puntos, e só a peor bagaxe do Ordes, que aínda non puntuou, fai que marchen penúltimos. A próxima semana visita o Poboado o Barco, perigoso equipo que hoxe venceu por 7-1 ó Castro e ponse con once puntos. Xogaron Paco, Criado, Buyo, Borja, Callón, Rubio (Marcote 69´), Ramos, Prieto, Ibou, Samu (Álvaro 67´) e Cris (David González 46´).

LIGA FEMININA F8 (D. Ferrol)
CD As Pontes – ADCR Santa Mariña (5-2)

O equipo feminino venceu 5-2, con tres tantos de Paula, un de penalti, e dous de Carlota. O equipo de Julio Montero marchou 2-0 ó descanso, e aínda que as ferrolás conseguían empatar, tres tantos consecutivos poñían o 5-2 definitivo co que se sitúan cuartas con 12 puntos, antes de recibir ó Val B, segundo con 15. Xogaron Leti, Yoli, Noelia Santalla, Nuria, Uxía, Noelia Ameneiro, Carolina, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara e Alba.

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – EF Ensanche (2-2)

O Xuvenil empatou a dous goles co Ensanche. Nun encontro moi igualado, adiantáronse os de Felipe Mieres por medio de Sergio Cazás, aínda que de penalti empataba Jorge e no comezo do segundo tempo poñía o 1-2 Manuel. Foi noutra pena máxima, na que Pita lograba o 2-2 definitivo. Son terceiros con sete puntos, a tres do propio Ensanche e o Numancia. Visitan ó CD Narón B, que ten dous puntos. Xogaron polo As Pontes, Lino, Fraga, David, Bruno, Unai, Iago, Carlos, Pita, Cazás, Casas e Josiño, saíndo despois Manuel Romero e Alex Barro.

1ª AUTONÓMICA CADETE 1ª FASE (D. Ferrol)
Galicia de Mugardos – CD As Pontes (5-1)

O Cadete perdeu 5-1 en Mugardos, co terceiro clasificado, nun encontro no que Álvaro Freire anotou catro tantos, e marcou o da honra para os azuis o infantil de primeiro ano Jandro. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Santi, Antonio, Antón Paz, Brais, Jose, Vicente, Xan, Jorge e despois Andrei, Jandro, Azoin, Antón Cillero, e Mohamed. Os azuis son décimos con catro puntos, antes de recibir ó Rápido de Neda, oitavo cos mesmos puntos.

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – Cultural Maniños SD (6-0)

O Infantil gañou por un claro 6-0 ó Cultural Maniños, con goles de Joan, Dani, Xose, Santamariña, Xoel e un en propia meta. Xogaron Edgar, Santamariña, Xose, Alejandro, Samuel, Dani, Manuel, Alejandro López, Joan, Hugo e Adrián, saíndo despois Xoel, Eloy, Sergio, Mateo e Rubén. Son terceiros con seis puntos, os mesmos que teñen CD Narón B, R. Ferrol B e Racing San Pedro, equipo ó que reciben na vindeira xornada.

1ª AUTONÓMICA ALEVÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
AD Miño – CD As Pontes (2-7)
CD As Pontes B – Racing San Pedro (7-2)

O Alevín A gañou 2-7 en Miño, recibindo na segunda xornada ó Amistade de Meirás B, que perdeu 0-10 contra o Mugardos. Catro goles de Diego Purriños, e un de Alex Montero, Pablo Díaz e Anxo Rey. O Alevín B venceu por 7-2 ó Racing San Pedro na primeira xornada, visitando na seguinte ó San Sadurniño, que gañou por 2-3 ó Narón O Freixo C. Goles de Anxo Blanco (2), Xandre Fernández (2), Bruno Picos, Israel Varela e Patricia Adega.

1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
O Freixo Narón B – CD As Pontes (0-10)
CD As Pontes B – Racing de Ferrol B (3-1)

O Benxamín A gañou 0-10 ó Narón O Freixo B. Cuartos con seis puntos reciben ó Rápido de Neda B, que ten pleno de triunfos, e foi o gañador do ano anterior na Liga Prebenxamín. Goles de Sergio Vázquez (3), Diego Lozano (2), Adrián Díaz (2), Destaw Pellón, Xalo Rodríguez e Alejandro Leal. O Benxamín B impúxose por 3-1 ó R. Ferrol B, visitando na vindeira xornada ó Narón O Freixo, que gañou nesta primeira xornada 0-18 ó R. Ferrol D. Diego Solano, Nicolas Meizoso e Diego Ortigosa foron os autores dos tantos ponteses.

1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN 1ª FASE (D. Ferrol)
CD As Pontes – O Freixo Narón B (14-0)
CD Narón B – CD As Pontes B (7-2)

O Prebenxamín A gañou 14-0 ó Narón O Freixo B. Son líderes con pleno de nove puntos, antes de visitar ó Cebarca. Goles de Nacho Villasuso (2), Lucas Blanco (2), Felipe Riveira (2), Cayetano Franco (2), Xandre Domínguez (2), Alex Basanta, Iker Ares, David Maseda e Xavi García. O Prebenxamín B perdeu por 7-2 ante o CD Narón B. Goles de Xoel Galego e Guillermo Folgar, no duelo entre equipos aínda sen puntuar. Reciben na vindeira xornada ó Eume Deportivo.

Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios