Club de Montaña O Caxado

Este Domingo día 28 fixemos a camiñata que tiñamos prevista para o mes de Febreiro. Nesta ocasión fumos ata os muiños e a fervenza do rego das Foxas, coñecidas como das Painceiras en Bermui. Saimos as nove e dez da maña do bar Calvo 34 camiñantes, logo de pasar pola ponte “Romana” sobre o rio Chamoselo, seguir a estrada ata coller o desvio á aldea de Vila xa na estrada de Ribadeume. Logo de cruzar polo medio da aldea, un camiño levanos ata a beira do Eume xusto debaixo do viaducto da autovia, seguimos rio abaixo ata cruzar o rego das Painceiras e 200 metros mais abaixo collemos a pista que nos leva á altura da fervenza. Ali collemos folgos despoi da subida, trago de auga froitas e demais para recuperar forzas e despois da foto de “familia” de rigor, ollada á fermosa paisaxe da fervenza e os muiños e rego arriba ata chegar á pista ,pola que continuaremos deixando á nosa esquerda os lugares de Sesulfe, A Pena do Traste, Caveiro, O Lombodrado, A Villerma, A Igrexa(Ribadeume), O Castiñeiro e O Bidueiro, para chegar de volta a Vila por outro camiño. Dende ali de novo estrada ata o Bar Calvo, a donde chegamos entre a unha e a unha e media despois de recorrer 20 Kms. Decir que levamos un acompañante que foi con nos todo o camiño, un can, parece un pastor alemán aínda que debe ser mestizo e que leva un certo tempo polas rúas Das Pontes.Acompañounos ida e volta e mesmo o volver a pasar por Vila tuvemoslle que valer , poi sairon dous da súa especie que lle querian medi-lo lombo.
Como sempre , mandamosvos algunhas fotos, e lembrarvos que a proxima será o 14 de Marzo , pola zona de Mugardos. Xa informaremos dos detalles para anotarse.

caxado_01.jpg


Nova cortesía de Chucho
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg
caxado_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios