Club de Montaña O Caxado

O Sabado pasado tres compañeiros do club de montaña (Artur, Oscar e Fran), xunto co compañeiro de Naron, Xose Luis, foron ata Ponferrada para participar na XV Tavesía Integral dos Montes Aquilianos. Salvo Xose Luis que por mor dunha caida retirouse os poucos kilometros do comenzo, os outros tres participantes completaron a proba facendo o percorrido “A” sen maior dificultade. A continuación poñemos os datos da proba (Posto e tempos), así como unha descrición da mesma.
aquilianos_01.jpg


Pto Dorsal Nome Tempo RitmoKm
39 77 ARTUR FORNOS CORRAL 09:31:57 00:08:40
121 79 ÓSCAR TOMÁS CARBALLO LEDO 13:40:05 00:12:26
122 78 FRANCISCO CAAVEIRO FORNOS 13:40:06 00:12:26
E estes foron os primeiros en completar o percorrido.
Percorrido “A” 66 Km
Pto Dorsal Nome Tempo RitmoKm
1 139 ISIDRO FERNÁNDEZ MADRAZO 06:30:34 00:05:56
Percorrido “B” 48 Km
Pto Dorsal Nome Tempo RitmoKm
1 1206 MIGUEL A. ANTÓN TEJERINA 04:22:49 00:05:29
A Travesía Integral dos Montes Aquilianos é unha proba non competitiva na que o trazado discorre polo val do río Oza, Montes de Valdueza, Peñalba de Santiago e o cordal dos montes Aquilianos que acadan nos altos de A Guíana(1860 m), Pico Tuerto (2048 m) e La Silla de la Yegua (2135) as cotas de maior altitude .
Para realizala pode escollerse entre dous itinerarios diferentes, “A” ou “B”, que teñen dous tramos comúns que son os que van de Ponferrada a Montes de Valdueza e desde Ferradillo a Ponferrada. O itinerario “B” ou “La Corta”, e moi alcanzable para persoas con unha preparación física media, abonda con ser un camiñante habitual para completar este percorrido sen grandes complicacións. A súa lonxitude é de uns 48 Km e non se soben as pendentes máis fortes nin o cordal montañoso.
O percorrido “A” ou “La Larga”, a parte dos percorridos comúns, ten un tramo propio desde Montes de Valdueza pasando por Peñalba de Santiago polo cordal Aquiliano ata ferradillo, en total son 66 Km con algúns tramos con unha costa moi forte, para completalo é preciso ter unha boa preparación física e mental.
A proba realizase a pe, e en función da dureza dos tramos e da preparación, pódese facer andando ou correndo. O itinerario está totalmente balizado con estacas e marcas en rochas, árbores ou muros. A organización sitúa varios puntos de avituallamento e control nos que se ofrecen froitas, pasteliños, froitos secos, bocadillos, auga e outras bebidas, polo que non e preciso levar alimentos ni bebida, aínda que si se debe levar unha pequena mochila na que levar a auga e onde recoller os envases baleiros e os restos de comida ata depositalos no seguinte punto de avituallamento. Dende a saída, en vehículos da organización, poden mandarse bolsas con calzado e roupa de reposto a dous puntos de control, Montes de Valdueza e Ferradillo, que son os puntos onde se separan e volven a xuntarse os dous itinerarios. E conveniente facelo así por se as condicións meteorolóxicas son adversa ou por se aparecen problemas co calzado ou a roupa.
Este ano celebrouse a XV Travesía Integral de los Montes Aquilianos e a participación foi a seguinte:
Percorrido “A” (La Larga) Inscritos 194, Completados 149
Percorrido “B” (La Corta) Inscritos 301, Completados 271
Se alguén quere máis información ou ver as fotos no seguinte enlace e entrando no foro: http://www.rutasdelbierzo.com/
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
aquilianos_01.jpg
Nova cortesía de Chucho

También podría gustarte
Comentarios