Amigus
As Pontes

Club de Montaña O Caxado

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Club de Montaña O Caxado reanuda a actividade despois do descanso do verán, asi que o Domingo pasado decidimos ir facer unha camiñata polo Xistral, escollemos a zona de Abadín, e ata alí nos desprazamos 10 compañeiros que saimos da praza do Concello as 9:30 da maña e pasando pola zona da igrexa de Abadín, seguimos un treito do camiño de Santiago e logo continuando perto da Rozavella subimos os primeiros montes do Xistral por ese lado. Logo de subir ó Cerro (728 m), á Pena da Auga (832 m), O Castelo e as Penas de Pedriñan, pasando pola area recreativa da Arnela, chegamos ó Chan da Fouce (784 m) donde paramos a comer a sombra dun pinar, para logo de repoñer forzas e seguir o camiño pola costa de Xanaz ata chegar á estrada que vai de Abadín á Labrada á altura dos lugares de Atalaia e o Coto, e logo dende alí seguir pola estrada ata voltar á Abadín, a onde chegamos as 4 da tarde.
A ruta foi improvisada polo que demos algunhas voltas demais, houbo que desandar algun tramo o rematar o camiño e atraveasamos algunhas zonas campo a traves, pero aínda así difrutamos dun dia excelente para camiñar e comtemplar as vistas que nos ofrecen os montes do xistral que ante a chegada do outono xa comezan amostrar as diferentes cores desta estación.
xistral_0001.jpg


xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg
xistral_0001.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios