Amigus
As Pontes

MARRAXÓN CELEBROU A FESTIVIDADE DOS REMEDIOS

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O lugar de Marraxón, situado a uns tres quilómetros ó norte da vila de As Pontes, celebrou esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Nosa Señora dos Remedios. Bombas de palenque anunciaron o comezo das festas na xornada do sábado, con actos relixiosos e a música a cargo do Dúo Escobar e a orquestra Os Senadores.
O domingo, despois da misa e procesión arredor da capela, o grupo Os Trevillas ofreceu ós visitantes pezas de música tradicional galega. A continuación tivo lugar no campo da festa a tradicional poxa do produtos da terra e despois a sesión vermú a cargo do Dúo Venus.
marraxon_0001.jpg


A CAPELA DA VIRXE DOS REMEDIOS
A capela está situada á beira da estrada que atravesa este lugar, que comprende os barrios de Arriba e de Abaixo, que xunto ás veciñas aldeas de Garabatos e Vilarnovo, suman corenta habitantes en total. Están situados nunha planicie de 500 metros de altitude, preto do encoro da Ribeira.
O santuario da Nosa Señora dos Remedios está en bo estado e ten un bonito e interesante retablo. No seu interior atópanse a imaxe da Virxe dos Remedios e as da Virxe do Socorro, San Antón e San Xosé. Enfronte da capela hai un cruceiro que data de 1911.
Esta advocación mariana dos Remedios está moi estendida por toda España e América. É a patroa das dioceses de Tenerife e Mondoñedo (onde ten un interesante santuario de estilo barroco construído no século XVIII polo bispo Sarmiento), así como de numerosas cidades de España, México e Arxentina.
Marraxón, 19 de setembro de 2010 (AF)
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
marraxon_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios