Club de Montaña O Caxado – Ruta da Auga
O Domingo 16 desplazamonos a Guitiriz para recorrer a Ruta da Auga. As 8:30 da maña saiamos do Polideportivo municipal 50 participantes para comenzar as 9;15, na zona da Igrexa do San Alberte, a andaina que o longo de 20 km levarianos ata o balneario de Pardiñas, pasando pola Fonte da Fala no San Alberte, Ponte Pitero, a Fonte de Valdovin (Sulfurosa), Parga, Ponte de Montemeá, Ponte de Moeiro e logo de pasar o lado do Balneario de Guitiriz chegamos á area recreativa dos Sete Muiños, donde logo d’unha parada para reagruparse e facer unhas fotos, collemos rio arriba por unha pequena variante chamada ruta da auga e da pedra que nos leva a ver un tramo espectacular do rio Ladroil asi como unha agrupación de antiguos muiños, hoxe case todos en ruinas.
Despois dos tres kms da variante volvemos a ruta da Auga e en 4 kms e pasando pola aldea do Pazo chegamos a Pardiñas as 2:30 e despois de 23 km d onde nos esperaba o autobus para volver ás Pontes.
Nova cortesía de Chucho