Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 5/6 – Abril – 2014

inicio.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – San Mateo CF (1-1)
O segundo equipo pontés empatou a 1-1 co San Mateo onde estaba un vello coñecido da parroquia pontesa, o central Diego Piñeiro. Adiantáronse os visitantes a pouco de chegar ó descanso e na segunda metade preto do final foi Sergio Criado quen cazou un balón de cabeza que entrou pegado ó poste. Tívoa Javi no final pero o seu tiro foi rexeitado polo porteiro.
Xogaron de inicio Krikry, Nando, Rubén, Darío, Carlos, Héctor Antón, Ferreiro, Villar, Javi, Troncho, Marcos, entrando antes do descanso Sergio Criado e no segundo tempo Samuel e o xuvenil Jorge
Os ponteses son quintos con 42 puntos, antes de visitar ó outro filial, Galicia de Mugardos, oitavo. Arriba están Rápido de Neda (55), Cedeira (53), A Capela (44) e Ortigueira (43).


“segunda”
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: Sporting Estrada – CD As Pontes (1-1)
Bo empate a 1-1 do xuvenil na súa visita ó terceiro clasificado, Sporting Estrada, co que se asenta na cuarta praza pola cola, e con 3 descensos a día de hoxe a zona baixa está con Conxo e O Val 34, Orillamar 32, As Pontes 28, Betanzos 26, Fátima que abandona a última posición 17, e Imperátor 16. Marcou Rivas de tiro cruzado e incluso houbo algunha ocasión máis pero cústalle ós azuis pechar os partidos e a pouco do final empatou o cadro local. No equipo pontés debutou o racinguista Toni. Partido clave o vindeiro sábado ante o Orillamar da Coruña ó que hai que gañar e implicar no descenso.
Unha cousa quedou clara esta fin de semana, Lugo e Pontevedra sálvanse en División de Honra, na última xornada só o Veriña podería empatar a puntos cos pontevedreses, pero salvaría ós granates o goal average, así o único descenso galego sería o do Areosa de Vigo, que conlevaría un arrastre, e agora mesmo de Liga Nacional baixarían claramente, salvo sorpresa, pois o Galicia Caranza avantaxa en 5 puntos ós redondeláns, Choco, Lérez e Calasancio, este último ó grupo norte, co cal é case seguro que haberá tres descensos da Liga Galega Grupo Norte, e esa terceira praza xogaráse a priori entre As Pontes e Betanzos.
Anque parece ser que o Calasancio, equipo de Monforte, a pesar de ser lucense, e polo tanto, do norte, segundo a federación galega descendería ó Grupo Sur, polo cal, de confirmarse, no grupo do As Pontes so habería os dous descensos correspondentes xa de por si, sen arrastres, o que posibilitaría aínda máis a salvación do Xuvenil pontés.
LIGA FEMININA: CD San Sadurniño – CD As Pontes (0-3)
Reapareceu o equipo feminino en San Sadurniño, como non, de man das históricas, e ante un dos mellores equipos da categoría venceu 0-3, xa na primeira metade, con tantos de Patri Dopico e dous de Carlota. Lidera Ferrol con 75 puntos, por 58 de Mandiá e 56 de Maniños, As Pontes 52, O Val B 49, e San Sadurniño 48. Xogaron Leti, Sara, Nuria, Andrea Pita, Paula, Lía, Patri, Carlota, Noelia Santalla, Lau e Silvia. Quédalles recibir ó colista Cedeira e visitar na última xornada ó Ortigueira.
LIGA CADETE: CD As Pontes – Numancia Ares (4-1)
Venceu o cadete 4-1 ó Numancia de Ares e escala á terceira praza con 27 lonxe de Ánimas 34 e Eume 31. Próxima visita a Valdoviño a xogar co sexto clasificado Meirás. Dous goles de Josiño e un de Pita e Dani Calvo.
LIGA INFANTIL: R. Ferrol B – CD As Pontes (2-2)
Sacou petróleo o equipo infantil, que foi quen de empatar ante o Ferrol B (2-2), mentres o Portuarios empataba na casa (0-0) ante o Meirás. Así, Portuarios e Ferrol B con 39 puntos e As Pontes 36. Restan seis xornadas e moito decidirase na antepenúltima, na que xogan Ferrol B e Portuarios. Os ponteses para a vindeira semana reciben ó Perlío. Marcaron Sergio Otero, de penalti, e Alberte.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD San Sadurniño – CD As Pontes (1-0)
CD As Pontes B – AD Miño B (1-2)
Perdeu o Alevín A 1-0 en San Sadurniño e a semana que vén recibe a visita do líder, Narón BP. O Alevín B perdeu 1-2 na casa co Miño B. É sexto con 12 puntos, visita na vindeira xornada ó colista Cebarca, equipo que pecha a táboa con 9 puntos.
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val – CD As Pontes (2-2)
CD As Pontes B – Numancia Ares (1-4)
O Benxamín A empatou 2-2 na súa visita ó Val, mentres que o Benxamín B perdeu 1-4 co terceiro, Numancia de Ares. Marchan o A noveno con 19 puntos e o B décimo con 18, recibindo ó colista Portuarios B os primeiros e visitando ó oitavo clasificado, O Val B, os segundos.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD San Sadurniño – CD As Pontes (2-6)
CD As Pontes B – CD Cariño (0-5)
Moi ben o Prebenxamín A, que gañou en San Sadurniño (2-6) e sexto con 20 puntos recibe ó Cedeira na vindeira xornada, sétimo con 17. O Prebenxamín B perdeu 0-5 co líder Cariño. Oitavo con 5 puntos visita ó Rápido de Neda B, sexto.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
CATEGORÍA BIBERON
CD As Pontes – R. Neda (0-3)
Os máis pequerrechos aguantaron ben o primeiro cuarto, que rematou sen goles. Nos tres seguintes impúxose o conxunto nedense. O partido xogouse na tarde do pasado venres.
“biberon”
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
biberon
Nova de Xosé A. Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios