Amigus
As Pontes

Padel Eume: OUTRA XORNADA PERFECTA

O sábado as 12 da mañan comezaba outra exitosa xornada para os equipos de Padel Eume, o equipo “b” xogaba contra o líder intratable da categoría o Globar r de Padelmar, que contaba todos os enfrontamentos por victorias, o resultado foi o de menos 1/4 para os Ferrolans pero xa case que estaban de celebración na ultima xornada da liga con ese segundo posto que sabe a gloria, e que os pon nunha posición privilexiada de cara os “ play off” de ascenso a terceira categoría que os enfrontara a un duro equipo de carballo , pero iso será outra historia.
Os rapaces donde deron o do de peito foi na comida que tiñan montada o acabar o encontró, Oscar lesionado e os non convocados atendían a churrascada para que estivese no seu punto, cando foron chegando gran actuación de portas sempre galáctico ca sua cara de poker , o abuelo toni intentando manter as tropas unidas , Pena provocando festa por donde pasa, Dieguito que ata quitou as gafas nalgun intre , minchi gregario de luxo dos capitans , etc ,etc,
Porsuposto a comida rematou en cena baile polo pobo ata altas horas da maña deixando o nivel ben alto para próximos compromisos, agora a pensar no ascenso que se xogara a finais de mes.
Pola sua parte o equipo “A” que recibia o segundo clasificado e único equipo capaz de derrotalo gañaba por un comodo 4/1 cedendo so un encontro no terceiro set , o resto dos partidos foron moi comodos todos en dous sets e por resultados contundentes.
Con esta victoria prácticamente asegura o primeiro posto de grupo que lle permite un mellor cruce para intentar o ascenso a segunda categoría. Con duas victorias de abantaxe que son tres polo average particular quedan catro partidos nos cales o equipo intentara poñerse a punto de cara o enfrontamento co segundo clasificado do grupo dous todavía por decidir.
padel_1.jpg


padel_2.jpg
padel_3.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

También podría gustarte
Comentarios