Cómo controla-lo uso que os nenos fan de Internet

Lendo iblnews.com:
“Internet é un lugar perigoso para os nenos, iso sábeno case que tódolos pais. Basta con escribir mal unha palabra nunha ferramenta tan útil como o buscador Google para que, en poucos segundos, os seus nenos se enfrenten a material de dudoso contido.”…


…”Sen embargo, alonxar completamente ós nenos de Internet privaraos dunha valiosa fonte de material educativo. A resposta para moitos son os así chamados programas de filtrado de Internet, tamén denominados programas de control parental. […]
Os programas de filtrado do contido de Internet controlan a actividade online de toda persoa nunha computadora, filtrando e impedindo o acceso a material de determinado contido. Vostede é o administrador ou a administradora e vostede determina qué tipo de material pode ser considerado obxectable.
Como administrador, pode establecer diferentes niveis de control para cada un dos seus nenos. O único requisito é que cada neno entre na computadora usando o seu propio nome de usuario e contrasinal. Para isto, Windows XP é ideal, pois facilita o establecemento de espacios de traballo por separado para cada persoa que use unha computadora.
Os mellores programas de filtrado do contido de Internet instálanse automáticamente, de forma que o uso ó azar da computadora é difícil ou practicamente imposible para a maioría dos nenos. Tampouco é posible elimina-lo software por calquera persoa que non sexa o propio administrador.
Este software permite establecer varios niveis de control, dende o bloqueo de todo sitio Web que vostede, como pai ou nai, non autorice, ata a completa permisión de todo tipo de contido sexual ou de violencia.”…
Fonte: iblnews.com

También podría gustarte
Comentarios