Comunicado 06-06-06
A asociación ecoloxista ADEGA, e a Plataforma Cidadá na Defensa do Círculo Lítico da Mourela, expoñen:
Estanse a realizar obras na zona de protección de tres mámoas inventariadas, sen que haxa o preceptivo control arqueolóxico.
No día de hoxe as máquinas destruiron o entorno de protección da excavación do Círculo Lítico da Mourela, o que é contrario á lexislación vixente, dado a que está nunha zona protexida, e ademais imposibilitaría a súa excavación, dando por certo que se poden atopar restos vinculados tanto ás mámoas coma ao círculo.
O SEPRONA levantou acta no día de hoxe, tras unha notificación do Comité na Defensa das Rías Altas.
Ante as ameazas da COPT de entrar coas máquinas na zona pendente de excavación, a Plataforma Cidadá e ADEGA, presentarán as correspondentes denuncias por violación das Lei de Patrimonio Histórico-Español, e Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
– A Plataforma e ADEGA, consideran que o proceso de control e impacto, está cheo de irregularidades dende os inicios do proxecto de estudio da autovía.