Amigus
As Pontes

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN “HUME” DE AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Chamamos “progreso” a medrar cultural e humanamente, no respecto e coñecemento polas propias raíces, tradicións e valoración do patrimonio herdado.
Non podemos comprender “progreso” coma tecnicismo puro e duro, que arrase sen piedade e sen atrancos con todo o que nos foi legado, sen procurar ningún tipo de diálogo ou compatibilidade entre o pasado e o futuro.
A Asociación de Estudos Históricos e Sociais “HUME” de As Pontes, queremos denunciar a impunidade coa que os nosos responsables de patrimonio, poden tomar decisións sobre a destrución e desaparición do mesmo. Non podemos comprender cómo as pezas que dan identidade e historia á nosa vila (Vaso Campaniforme, achádegos varios de pasadas prospeccións arqueológicas) poden desaparecer sin ningún tipo de explicación nin de asunción de responsabilidades.
Non podemos quedar calados ante o despropósito e manipulación dos medios de comunicación e as diversas entidades políticas que se viron involucradas, ben co seu goberno ou ben co seu silencio, na desaparición dun dos espazos máis significativos da nosa vila, e no xacemento que máis expresaba de nós mesmos: “A Mourela”.
Unímonos á Plataforma Cidadá para a Defensa do Círculo Lítico da Mourela ó tempo que reclamamos a dimisión de quenes, con decisións coma as que se viñeron tomando, se autoproclaman garantes do noso patrimonio.
Reclamamos asimesmo unha mirada diferente cara ás nosas raíces e o noso legado, entre o que se atopan varias das pontes que lle deron nome á vila, e que sobreviven nun estado deplorable entre o tráfico rodado que soportan, as embestidas dos camións, as humidades non tratadas e a vexetación que as vai cubrindo.

logo_hume.gif
ASOCIACIÓN DE ESTUDIOS HISTÓRICOS E SOCIAIS HUME

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios