Concurso de creación da web e o xestor da RTVi As Pontes

O BOP deste luns 14 publica o concurso para adxudicar a creación dunha web para os medios de comunicación municipais do Concello das Pontes e dun xestor informático para os xornalistas. O prazo de presentación de ofertas remata o día 22 de marzo.


O Concello de As Pontes de García Rodríguez convoca este concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia para adxudicar a creación dunha web para os medios de comunicación municipais do Concello das Pontes de García Rodríguez, cun apartado público de información e un xestor específico para os xornalistas, así como a formación correspondente dos profesionais dos medios nesa ferramenta.
Cun orzamento máximo de 44.946 euros e prazo de execución tope dun mes, as propostas deberán presentarse no rexistro xeral da Casa do Concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos oito días naturais seguintes a contar do día da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Anuncio no BOP
Prego de cláusulas técnicoadministrativas

También podría gustarte
Comentarios