Amigus
As Pontes

COPA DE FÚTBOL DE VETERANOS DE AS PONTES 2016/17

O 3-0 foi a tónica xeral da cuarta xornada de copa de fútbol de veteranos de As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Vitorias claras, polo mesmo resultado de 3-0, de Galiorient, As Pontes 74 e A Cepa ante Electricidad J&O, Bar Xardín e MMYPEM.

Tamén triunfo claro de La Galaxia (1-5) sobre Farmavida, que contou con Manolo como porteiro circunstancial.

No grupo A hai un triple empate a 6 puntos entre Mobles Eume, As Pontes 74 e MMYPEM. Teñen tres puntos Bar Xardín e A Cepa.

No grupo B xa é primeiro Galiorient, con 10 puntos, seguido de La Galaxia (6), Farmavida (4). Fisioterapia DC-HIM&HER (3) e sen puntuar Electricidad J&O.

A vindeira fin de semana remata a primeira fase, para na seguinte disputarse os cuartos de final.

4ª XORNADA DE COPA 29-30 / Abril / 2017

Galiorient – Electricidad J&O (3-0) Tomás, Varela e Vituco
Bar Xardín – As Pontes 74 (0-3) Julio, Paz e Xavi
MMYPEM – A Cepa (0-3) Andrés (2) e Fernández
Farmavida – La Galaxia (1-5) Juanjo / Sergio, Juan, Fontao (2) e Sito
Descansaron: Mobles Eume e Fisioterapia DC-HIM&HER

5ª XORNADA DE COPA 6-7 / Maio / 2017

La Galaxia – Electricidad J&O (Sáb. 6, 19:30 h)
Bar Xardín – Mobles Eume (Dom. 7, 10:00 h)
Farmavida – Fisioterapia DC-HIM&HER (Dom. 7, 11:00h)
A Cepa – As Pontes 74 (Dom. 7, 12:00 h)
Descansan: Galiorient e MMYPEM

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios