Amigus
As Pontes

COPA DEPUTACIÓN. VICTORIA CF 2 – CD AS PONTES 0

O conxunto de Primeira Autonómica venceu con claridade no duelo de onte.

O As Pontes quedou eliminado ás primeiras de cambio na Copa Deputación da Coruña ó perder 2-0 ante o Victoria coruñés, quinto clasificado da Primeira Rexional o ano anterior.

O resultado é sorpresivo, tendo en conta, non so xá que o equipo local está unha categoría por debaixo, senon que o cadro pontés contou de inicio con xente coma Fidi, Alex, Eloy ou Pardo, entre outros, con longa experiencia en Terceira.

E puido ser peor, dado que se chegou ó descanso con 2-0 e no segundo tempo estivo máis preto o terceiro deles que o primeiro dos azuis, que chegou por medio de Pardo, pero en fora de xogo, segundo o colexiado.

Xogaron de inicio, Paco, Criado, Alex, Rego, Chis, Fidi, Ramos, Quique, Eloy, Pardo e Josiño.

Foi unha xornada de sorpresas, pois o Eume venceu ó Somozas na queda de penaltis, tras empatar 4-4 o partido. Victoria e Eume, dous equipos de Primeira Autnómica, enfrontaranse nos oitavos de final esta fin de semana na que non haberá derbi.

Ó As Pontes quédanlle uns 25 días para o inicio da competición, que será en Dumbría, e logo recibirá ó Sofán. Terá que reforzarse o máximo posible para afrontar unha tempada que será moi longa, ata finais de Maio, e na que, como se ve, non haberá rival pequeño.

Nova Cortesía Xose Ferreiro. Foto CD As Pontes.

También podría gustarte
Comentarios