Amigus
As Pontes

COPA GALEGA ALEVÍN PLATA. HC AS PONTES 2 – DOMINICOS C 5

Partido este domingo á mañá no Pavillón de A Magdalena

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta domingo á mañá os rapaces do HC As Pontes xogaban contra unha das mellores canteiras de Galicia, incluso de España, Dominicos, cos seus equipos Infantil, Xuvenil e Junior a campaña pasada entre os oito mellores de España.

Boa proba delo son o Campión Mundial Jacobo Copa, ou o Campión de Europa Bruno Saavedra, que con 18 e 19 anos xa están no primeiro plantel do Liceo.

No encontro de hoxe, tras marchar ao descanso 0-0, os do gran Martín Barrós acabaron gañando 2-5 ante un combativo equipo local que xogou con Xos, Roque, Olivia, Unai (1), Manuel, Sergio (1) e Hugo.

Os coruñeses avanzan a semifinais xunto a Obradoiro, Escola Lubiáns e o gañador nos penaltis do Oroso-Raxoi.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios