Este sábado á tarde disputouse a sexta xornada da Liga Xuvenil, en partido arbitrado por Iago Expósito Fraga, onde o Atlético Coruña Montañeros, dirixido polo gran Borja Guerreiro Fornos “Abeás”, que pasou por todas as categorías inferiores do CD As Pontes, logrou unha folgada vitoria ante un cadro pontés dirixido por Joaquín Breijo que plantou cara ata o último minuto.
Decimoterceiros clasificados con 5 puntos, próxima visita ao Sofán de Carballo, cuarto con 12. Xogaron Joel, Israel, Iago, Sergio, Destaw, Carlos, Mateo, Diego, Anxo, Xandre, Manuel, e na segunda metade entraron Alejandro, Xavi, Iván e Tadios
Nova cortesía Karlos Basoa
Nova cortesía Karlos Basoa