COPA XUNTA DE GALICIA: O ESTEO AS PONTES FS – AZKAR LUGO (2-5)

Nunha das mellores entradas que se levan rexistrado nos últimos anos no pavillón pontés da Fraga, o Esteo vendeu moi cara a súa derrota ante todo un equipo de Primeira División de fútbol sala, o Azkar Lugo, conxunto que ó final clasificouse para as semifinais da Copa Xunta de Galicia ó gañar por 2-5. Pero, non lle foi fácil ós lugueses dobregar ó cadro pontés, que a dicir verdade, fixo un dos mellores partidos da tempada, cun bonito fútbol sala que agradou ó numeroso público que se deu cita no pavillón pontés, xa que non se notaba a diferenza de categoría. Un Esteo que ó descanso gañaba por un gol a cero, tanto anotado por Héctor a un minuto do descanso, aínda que puido haber marcado algún gol máis se o lanzamento de Diego Pellón non se estrelara na cruceta da portería de Mendiola, quen estivo moi acertado nun segundo forte disparo do mesmo xogador uns minutos despois.
Co un a cero chegouse ó descanso e ós catro minutos do segundo período o Azkar púxose por diante no marcador con tantos de Álex Diz e Cuco. O dominio era alterno con ocasións para os dous equipos e así Gerardo, nun rápido contragolpe, logra o empate a dous a falta de oito minutos para o final do encontro. Sen embargo, en dous erros defensivos dos ponteses, Antonio Diz sentencia a eliminatoria ó poñer no marcador o 2-4. Non se rendeu o Esteo e unha e outra vez atacaba con perigo á portería visitante, pero, xa xogando á desesperada con porteiro xogador, Mendiola dende a súa área marcou o definitivo 2-5 co que rematou o partido, un resultado con demasiado premio para un Azkar Lugo ante un bo Esteo, que de xogar así na liga non deberá pasar problemas para manterse na categoría de bronce do fútbol sala estatal e o pasado venres deu un paso moi importante ó gañar por 4-3 ó Zamora, un rival directo na loita pola permanencia na categoría.
“esteo-azkar”


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Choto, Gerardo, Héctor, Bolly, Rober Paz –cinco inicial- Fran, Gerardo, Pelu e Diego Pellón
Mendiola, Alex Diz, Cospe, Antonio Diz, Chano –cinco inicial- Cuco, Adri, Zala e Cristian.
GOLES: Min 19 (1-0), Héctor. Min. 23 (1-1), Álex Diz . Min 24 (1-2), Cuco. Min 28 (2-2), Gerardo. Min 31 (2-3), Antonio Diz. Min. 33 (2-4), Antonio Diz. Min. 39 (2-5), Mendiola.
ÁRBITROS: Benjamin Rivas Fouz e José Naray Álvarez, de Viveiro. Amoestaron a Rober Paz e Álex Diz.
INCIDENCIAS: Partido de cuartos de final da Copa Xunta de Galicia disputado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha das mellores entradas dos últimos tempos, máis de 500 espectadores nas gradas, que gozaron do bonito partido que ofreceron os dous equipos.
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
esteo-azkar
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios