Cortes de tráfico previstos pola Feira de Fungos

Diario de Ferrol. (…)
A Feira de Fungos obrigará a facer cambios e restriccións na circulación rodada. Estarán pechadas ó tráfico as rúas Ramón Cabanillas, Alexandre Bóveda, Rego do Campo e tamén a avenida de Ferrol. O edil de Seguridade Cidadá, Javier Carballo, pediu desculpas ós veciños polas molestias que os cortes poidan causar.


A nova enteira:
Os bares súmanse á Feira de Fungos cunha ruta de pinchos feitos con este produto
As Pontes vive o sábado unha xornada de intensa actividade, grazas á XIX edición da Feira de Fungos e Cogomelos. Xunto coa tradicional exposición de cestas e a degustación, promóvense numerosos actos que veñen aumentar o atractivo desta festa.
Os bares e cafeterías ofrecerán pinchos feitos con estes produtos. Para que o visitante estea seguro de a onde acudir, o Concello repartirá un mapa no que se marca unha ruta cunha vintena de establecementos e tamén coa ubicación das casetas onde haberá degustacións ó longo de toda a xornada.
As Pontes prepárase ademais para protexerse do posible mal tempo, así que existe a opción de levar a comida para a casa e tamén se está a instalar na praza de América unha carpa. Neste lugar celebrarase a primeira edición do Mercado de Oportunidades Vila das Pontes, que conta coa participación dunha trintena de comercios e que estará aberto de 10.30 a 18.00 horas.
A caseta de maridaxes e degustaciós, a feira do mel e a de produtos ecolóxicos e a mostra folclórica do Alovi completan a programación da xornada.
Cortes de tráfico > A Feira de Fungos obrigará a facer cambios e restriccións na circulación rodada. Estarán pechadas ó tráfico as rúas Ramón Cabanillas, Alexandre Bóveda, Rego do Campo e tamén a avenida de Ferrol. O edil de Seguridade Cidadá, Javier Carballo, pediu desculpas ós veciños polas molestias que os cortes poidan causar.

También podría gustarte
Comentarios