A COVA DOS TRASNOS NOVO LIDER DA LIGA LOCAL DE FUTBOL SALA DE AS PONTES

Na tarde do pasado Domingo disputouse a novena e derradeira xornada da primeira volta da Liga, coincidindo tamen có parón polo nadal.

Na tarde do pasado Domingo disputouse a novena e derradeira xornada da primeira volta da Liga, coincidindo tamen có parón polo nadal. Unha xornada chea de sorpresas, na cal os favoritos deixaron escapar puntos que poden ser determinantes de cara á clasificación final do campionato.

A primeira sorpresa da xornada dabaa o Bar calvo que colleitou a súa segunda derrota consecutiva a mans do Union Futbol Sala por 2 goles a 1, nun encontro que o Unión Futbol Sala soupo levar igualado ata os minutos finais e nunha xogada illada de contragolpe foi capaz de poñerse por diante no marcador e gañar o partido. A segunda sorpresa saltaba no derradeiro encontro da xornada ao conseguir o N.G. UB2 Futsal o seu primer punto da tempada a costa dun descoñecido Estanco Maricarmen que perdía por 2 goles a 1 a falta de oito minutos para finalizar o encontro e que decidia arriscar xogando con porteiro xogador, unha estratexia que despois de moitas imprecisións nos pases, deu os seus froitos a falta de dous minutos para o remate do encontro xa que lograban o empate.

O Estanco Maricarmen continuou con porteiro xogador sobre a pista, incluso o N.G. UB2 Futsal xogou cun home menos os últimos instantes do partido por expulsión dun dos seus xogadores pero a precipitación dos xogadores do Estanco Maricarmen seguía presente có que o marcador xa non se movería sendo o 2-2 o resultado definitivo. Os pinchazos do Bar Calvo e do Estanco Maricarmen aproveitounos A Cova dos Trasnos, que tras golear a O Esteo F.S. “B” por 8 goles a 1, logra poñerse ao frente da clasificación e confirmandose como o equipo revelación do campeonato. No resto de partidos derrotas do Ribadeume F.S. ante o Husse-Barbarroja e tamen do Pinturas Colormix a mans do Matojoma-Las Torres.

A actividade na Liga Local de Futbol Sala volverá o día 15 de Xaneiro coa disputa da primeira xornada da segunda volta.

LIGA LOCAL DE F.S. AS PONTES TEMPORADA 2016/2017

JORNADA Nº 9

2 RIBADEUME F.S. HUSSE-BARBARROJA 5
1 BAR CALVO UNION FUTBOL SALA 2
6 MATOJOMA-LAS TORRES PINTURAS COLORMIX 3
1 O ESTEO F.S. “B” A COVA DOS TRASNOS 8
2 ESTANCO MARICARMEN N.G. UB2 FUTSAL 2

CLASIFICACIÓN

POSTO EQUIPOS PX PG PE PP GF GC PUNTOS
A COVA DOS TRASNOS 9 7 1 1 39 15 22
ESTANCO MARICARMEN 9 6 3 0 35 27 21
BAR CALVO 9 6 1 2 47 18 19
UNION FUTBOL SALA 9 5 2 2 32 21 17
MATOJOMA-LAS TORRES 9 5 0 4 39 29 15
HUSSE-BARBARROJA 9 3 2 4 27 27 11
O ESTEO F.S. “B” 9 3 1 5 15 31 10
RIBADEUME F.S. 9 2 1 6 29 40 7
PINTURAS COLORMIX 9 1 2 6 24 33 5
10º N.G. UB2 FUTSAL 9 0 1 8 13 55 1

GOLEADORES

DIEGO POLO (UNION FUTBOL SALA) 16
AIRON (BAR CALVO) 14
SANTI (BAR CALVO) 13
DIEGO PELLON (ESTANCO MARICARMEN) 12

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios