CUARTOS DE FINAL COPA FEDERACIÓN. CD AS PONTES 1 – CCD CERCEDA 3

O cadro visitante alcanza as semifinais, xunto a Arousa e Pontevedra.

Triunfo xusto do Cerceda que avanza ás semifinais galegas desta Copa Federación.

Voltaban ó Poboado Angeriz, Juan, e sobre todo o pontés Chus Cañizares, que foi xogador azul a pasada campaña.

A primeira parte foi un monólogo dos de Ángel Cuéllar, que se adiantaban pronto no marcador.

Arriscou moito Criado como último defensa, rouboulle a carteira Carlos, e o xove xogador de Ares situaba o 0-1 no marcador tras bater a Rafa que pouco puido facer (10´).

Do mesmo xeito chegaría o segundo tanto. Nesta ocasión é Pablo Rubio o que se expón en exceso, roubándolle a carteira Carlos, que ante a saída de Rafa cedella ó pontés Chus Cañizares, que marca a pracer (41´).

Tamén destacar un disparo de Rober que marchou alto por moi pouco (14´), e Rafa estivo moi atento a un disparo de Pochi (32´) e a unha falta botada por Cañizares (35´).

No segundo tempo, o As Pontes estivo máis vivo a raíz dos cambios, sobre todo coa frescura do recén fichado Ibrahima, xogador que apareceu por todas as partes do campo, e Buyo, moi aproveitable como extremo esquerdo, que tivo dúas boas aproximacións, nunha a piques está de aproveitarse dunha mala cesión (58´).

Sen embargo sentenciou para os visitantes o talentoso xogador de Pontedeume, Alex Ares, que apenas levaba uns minutos sobre o campo, prantase dentro da área co balón e bate por baixo a Rafa (68´).

Anotou o tanto da honra para os locais o lateral dereito Sergio Criado, tras un primeiro remate de Josiño ó pau, cabeceou o rexeite ó fondo das mallas (74´).

Tamén destacar neste segundo período un cabezazo dos visitantes tras saque de córner que saca Rubén baixo paus (70´) e un disparo de Josiño que se marcha desviado (77´).

O Cerceda alcanza as semifinais desta Copa Federación onde se enfrontará ó Arousa. A outra contenda cruzará ó Pontevedra co gañador do Barbadás-Bouzas.

O As Pontes debe centrarse agora nos partidos realmente importantes, e máis este domingo, que recibe ó Dubra, rival directo.

Asaltou o Cerceda o campo do Poboado, terreo no que gañara en tres ocasións en competición ligueira, por sete empates e dúas derrotas.

CD As Pontes 1. Rafa, Criado, Rubén, Prieto, Jandro, Rubio (Callón 45´), Josiño, Alex Cabarcos, Marcote (Ibou 45´), Álvaro Rey (Pablo Ramos 56´), Cristian (Buyo 45´).

CCRD Cerceda 3. Rumbo, Bilal, Popi (Caridad 45´), Angeriz (Uzal 45´), Juan, Maroñas, Rober, Edu, Pochi (Alex Ares 64´), Carlos (Uxío 64´), Cañi (Javi Otero 45´).

Goles: 0-1, Carlos (10´), 0-2, Cañizares (41´), 0-3, Alex Ares (68´), 1-3, Criado (74´)

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde-noite chuviosa.

Árbitro: Adrián González Franco (Ferrol). Auxiliado por Landrove Lago e Gundín Barreiro. Amarela a Rubén.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios