Cumprimos 6 anos!!!

Tal día coma hoxe de fai seis anos, comezaba o seu camiño esta páxina web da Asociación Informática Amigus. Nestes seis anos temos un “monstruo” de páxina:
– Máis de 1.200.000 entradas na portada da páxina.
– Máis de 11.000 artigos.
– Máis de 15.000 comentarios aos artigos.
– 186 temas nos foros.
– 1.153 mensaxes nos foros.
– Máis de 15 GB de información nos nosos servidores.
– As seccións especiais: Tempo nas Pontes, un Rueiro, un Álbum fotográfico (xa non levamos conta das fotos que temos…), os Sons da Vila, Deporte Pontés.
– A loita polo Círculo Lítico da Mourela (DEP). E todas as protestas que se fan case a diario nesta páxina…
– O noso apoio ao Software Libre.
– O noso apoio ao comercio local coa páxina web irmá MercaNasPontes, e o apoio á tenda da Agroalimentaria do Eume.
– Os múltiples programas de man das festas e feiras das Pontes.
E todo isto cun equipo de desenvolvemento e mantemento moi reducido – moi moi moi reducido 😉 – e unha manchea de colaboradores moi activos – moi moi moi activos 🙂 – pero sobre todo con moitos lectores – unha media dunhas 2.000 visitas distintas diarias – que sodes os que nos ides dando día a día un motivo máis para seguir.
Moitas gracias a todas e todos pola vosa lectura e colaboración.

También podría gustarte
Comentarios