Curso de dirección de grupos instrumentais

A escola de altos estudios musicais organiza nas Pontes o primeiro curso de dirección de grupos instrumentais. Será impartido por J. Vicent Egea durante este curso académico en fins de semana alternos con horarios de mañá e de tarde.
Este curso será impartido no Auditorio municipal e no Conservatorio das Pontes.

curso.jpg


Información xeral do curso
Duración: Constará dun ciclo de tres anos de duración, dividido en tres cursos progresivos: Iniciación, Medio e Avanzado.
Orientación: O curso está dirixido a todos aqueles músicos que queiran achegarse ó mundo da dirección, establecéndose a posibilidade de efectuar regularmente prácticas con bandas de música para experimentar e exercitar os coñecementos adquiridos.
Obxectivos: Preténdese facilitar unha formación integral dentro dos diversos campos que abrangue a dirección, así como adquirir a técnica básica e universal da concertación coas pequenas peculiaridades que a compoñen.
Contidos: Clases teóricas de estudio e práctica do xesto; ferramentas de comunicación; conceptos interpretativos; análise aplicada á dirección; técnicas de aprendizaxe da partitura; desenvolvemento auditivo; aspectos psicolóxicos; estudio da instrumentación; etc.
Traballarase para cada curso un repertorio que abranga diferentes estilos.
Primeiro curso: Iniciación
– Sede: Auditorio de Conservatorio das Pontes de García Rodríguez
– Banda anfitriona: Banda de Música das Pontes de García Rodríguez
– Datas: 15 e 16 de novembro / 6 e 7 de decembro / 7 e 8 de febreiro / 6 e 7 de marzo / 15 e 16 de maio / 25, 26 e 27 de xuño
– Horario: Sábados de 11:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 / Domingos de 10:00 a 15:00. O calendario académico poderá ser susceptible de modificación previa notificación ós participantes.
– Presentación: Sábado 15 de novembro ás 11:30 horas no Conservatorio das Pontes.
Selección de alumnos
Estableceranse dous tipos de matrícula: activos e oíntes.
Activos: número máximo 14
Oíntes: número máximo 20

Requisitos: Estar en posesión do título de grao medio ou ben ter os coñecementos e aptitudes necesarios que se valorarán nunha proba o día da oresentación.
Nota: No caso de que o número de matrículas activas sexa superior a 14 realizarase unha proba o día da presentación do curso ás 11:30 horas. Os alumnos que non sexan seleccionados poderán asistir en calidade de oíntes e establecerase a posibilidade, a criterio do profesor, de cubrir posibles baixas de activos.
Matrícula
Alumnos activos: 210 euros.
Alumnos federados activos: 150 euros.
Alumnos oíntes: 100 euros.
Alumnos federados oíntes: 50 euros.
Inscrición
Enviar o boletín antes do día 5 de novembro de 2003 acompañado do curriculum a:
Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia
Pavillón de Galicia. San Lázaro s/n. Apartado de Correos 150
15703 Santiago de Compostela
Tel: 981 577 126. Fax: 981 577 127
Somente recibirán diploma con número de horas aqueles alumnos que teñan asistido a tódolos encontros nos horarios establecidos.
A inscrición e correspondente pago realizarase por cada curso e ó comezo de cada un deles.
A organización poderá convocar novas prazas para cubrir baixas ó comezo de cada curso, previa proba de adaptación ó nivel do curso que corresponda.
Tedes copia do boletín aquí (869KB)

También podría gustarte
Comentarios