Cursos de piragüismo en As Pontes

Xa se poden facer as inscricións para os cursos de piragüismo que o Grupo Xuvenil organiza no Lago das Pontes.

Xa se poden facer as inscricións para os cursos de piragüismo que o Grupo Xuvenil organiza no Lago das Pontes.

Os cursos serán os días laborables do mes de xullo de 11:00 a 13:00 horas.

A idade mínima para participar son 8 anos sen límite superior.

O único requisito é saber nadar e ter ganas de facer deporte e divertirse.

Para participar só hai que cubrir o impreso que se pode descargar na páxina web do club ou recoller nas instalacións do mesmo e xuntar unha foto e fotocopia do DNI.

O curso e gratuíto para socios do Grupo Xuvenil e ten prezo de 30€ para os non socios.

Máis información na web, no correo xuvenil@gmail.com ou no teléfono 675952287.

piraguismo_2016_curso

También podría gustarte
Comentarios