Amigus
As Pontes

CxG As Pontes estrea páxina web

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Dentro da aposta decidida pola participación cidadá, Compromiso por Galicia As Pontes vén de estrear novas canles de comunicación coa cidadanía. Ademáis de contar con perfís propios nas redes sociais de maior difusión como Facebook e Twitter, creouse una web da organización a nivel local (cxgaspontes.wordpress.com).
Na elaboración da páxina web optouse por un formato moi accesible e intuitivo para que calquera con mínimos coñecementos poda acceder e navegar por ela.
En moitas ocasións a cidadanía atópase con dificultades para acceder á información do Concello e moito máis para facer chegar a súa opinión ou algunha proposta. Por esta razón, un dos obxectivos primordiais de Compromiso por Galicia é “democratizar” a información, facela accesible para todos e todas, e tamén recoller as inquedanzas dos vecinos e veciñas.
En palabras da responsable local e concelleira, Jéssica Fernández Polo “ somos conscientes da importancia de internet e o que pretendemos é crear una canle de comunicación coa cidadanía, que nós demos información pero tamén que a xente poda preguntar e criticar. Coñecer e que nos coñezan”

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios