Damn Small 4.4.2, o mini Linux

Lendo linuxpreview.org:
“Xa está dispoñible unha nova versión de Damn Small Linux, a 4.4.2, dunha completísima distribución Linux, superliviana, de tan só 50MB de peso e especialmente desenvolvida para computadores de baixo rendemento.”…


…”Con tan só 50MB de peso, a minidistribución pode ser arrincada dende CD, dende chaves USB ou instaladas en máquinas de escasos recursos.
A pesares do seu minúsculo tamaño chega a ter un escritorio funcional e fácil de usar. Damn Small Linux ten un escritorio case completo, incluíndo XMMS (MP3 e MPEG), un cliente FTP, un navegador web baseado en links, folla de cálculo, correo electrónico, corrector de ortografía (US English), un procesador de textos, tres editores (Nedit, nVi, Zile [clon de emacs]), Xpdf, Worker (administrador de arquivos), Naim (AIM, ICQ, IRC), VNCviewer, servidor e cliente de SSH/SCP, cliente DHCP, PPP, PPPoE, un servidor web, calculadora, xestor de fiestras Fluxbox, sistema de monitoreo de aplicacións, soporte USB, etc.”…
Fonte: linuxpreview.org

También podría gustarte
Comentarios