DAN COMENZO OS ACTOS PARA A PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL "O LIÑO, ARTE E CULTURA"

Hoxe xoves deron comenzo as actividades que engloban a presentación do documental “O LIÑO, ARTE E CULTURA”, e que rematarán mañá venres co broche de ouro que significa a presentación e proxección do documental no salón de actos de Casa Dopeso.
Todas as actividades foron organizadas polo grupo folk MUXAREGA xunto coa Asociación de Veciños de Cabreiros, e a colaboración da Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua (Vilalba) e o Concello de As Pontes.
O documental “O LIÑO, ARTE E CULTURA”, de carácter eminentemente didáctico, pretende poñer en valor e evitar que caian no olvido as tareas domésticas de elaboración de tecidos de liño, tan importantes nos fogares galegos ata non fai moitas décadas. Nel plantéase a temática dende catro puntos de vista diferentes: o traballo manual do liño, o lado antropolóxico e social, o terapéutico, e a parte lúdica e cultural.
A grabación de este documental foi promovido no ano 2012 pola AA.VV. de Cabreiros como parte dun proxecto de colaboración intexeracional e intermunicipal, onde interviron a propia asociación de veciños, a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua (Vilalba), e o grupo Muxarega de As Pontes. O guión e documentación do documental correspondeu a Xosé Manuel Felpeto e a Xesús Rodríguez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, correndo a dirección de todo o proxecto a cargo do propio Xose Manuel Felpeto. A realización e producción foron realizadas polo técnico pontés Fernando Fresco.
muxarega1.jpg


As actividades que se prepararon para estos dous próximos días ocupan dous espacios diferentes:
Mercado Vello: Xoves 21 e Venres 22. Dende as 09:30 ata as 19:00 (con peche ó mediodía) estarán as fiandeiras de Insua facendo unha mostra das fases de traballo do liño. Exposición aberta a todo o publico en horario de mañá e tarde.
Durante parte da mañá faránse visitas guiadas ós colexios (ata 2º da ESO). Jose Mª López, director do Museo Etnográfico de Monte Caxado, encargouse de preparar unhas unidades didácticas que se entregaron nos colexios previamente ás visitas para servir de guía no propio Mercado Vello.
Lourdes Otero, da Asociación e Mulleres Rurais, e Miguel Ferreiro de Muxarega encárganse de guiar e explicar as visitas dos centros escolares.
Casa Dopeso: Venres 22. Ás 19:30 hs. Farase a presentación e proxección do documental. Este será o acto central de estas xornadas.
Falarán Xose Manuel Felpeto (Director e promotor do documental), Jose Mª López Ferro (Director do Museo Etnográfico Monte Caxado). Abrirá o acto unha actuación do grupo Muxarega.
muxarega2.jpg
muxarega3.jpg

También podría gustarte
Comentarios