DATOS ANECDÓTICOS DE O FREIXO E O APARRAL NO SÉCULO XX

Corría o ano de 1953 e os veciños do Freixo, non querendo ser menos ca outras parroquias, puxéronse mans á obra co proxecto dun palco para as súas festas. Era unha deshonra para a parroquia non terlle un “templete” con xeito para orquestas coma a Variedades. Eran os anos do despegue festivo, de empezarse a facer camiño nas parroquias xurdindo pequenas comisións. Todo isto daría lugar ó fenómeno dos teleclubes e co tempo das asociacións veciñais.
Eclesiásticamente a parroquia acababa de pechar o adro co muro que existe na actualidade. Esta obra realizárase porque xa en tempos do crego anterior (don Cipriano) o dono dunha casa que estaba preto do adro parroquial, tapiara unha porta aberta no adro.


Este feito, unido ós lexítimos dereitos de propiedade do adro, fixo que a diócese dictase unhas normas sobre a ubicación do devandito palco da música. E, non se lles ocurriu mellor cousa ca situalo xusto a carón dunha parede que forma o antigo osario parroquial.
Foi así como as orquestas puxeron música á eternidade na parroquia do Freixo ata fai uns trinta anos en que apareceron aqueles palcos cubertos de lona. E quen o ía dicir, ata que un camión se ergueu do chan e se transformou nunha incrible sá de festas.
Ainda así –din os máis vellos-, as festas non che son coma as de antes.
O seguinte documento é a carta que se recibíu na parroquia do Freixo para aprobar a construcción de ese palco, que todavía existe a día de hoxe coma manifestación de que os tempos comezaban a cambiar nas nosas aldeas.

CARTA ORIXINAL DO BISPADO CONSENTINDO A CONSTRUCCIÓN DO PALCO

palco-da-musica.jpg


TRANSCRIPCIÓN
“Vicaria General del Obispado de Mondoñedo 21-Mayo de 1953. Muy apreciado Sr. Cura y amigo: He presentado al Excmo Sr. Obispo su carta, fecha 17 de los corrientes, sobre emplazamiento del templete para la música dentro del recinto del atrio parroquial en la proximidad del antiguo cementerio. Hemos estudiado el asunto: hemos visto también que hay graves inconvenientes en ello y que puede muy bien situarse dicho templete o kiosko fuera del recinto del atrio. Decía V. En carta del día 14 que esos feligreses pensaban edificarlo en un punto equidistante entre el terreno destinado a feria a la otra parte del ramal de carretera en construcción, y en el atrio. Tenemos aquí el mapa de todo y por eso podemos decir que el kiosko estará muy bien fuera del atrio pegado por fuera a la pequeña paredilla que ha de cerrarlo.
Desde luego le comunico que el Rvdmo. Sr. Obispo no autoriza se construya dicho kiosko de la música dentro del atrio. Y como complemento de anteriores instrucciones dispone que V. Sostenga intacto el recinto del atrio que está punteado en el mapa, recinto que será cerrado en una forma sencilla con un cierre que sea símbolo de propiedad eclesiástica en todo tiempo, con una paredilla baja y con entradas fáciles para que todo el mundo pueda pasar. Para ello no es preciso que contribuyan sino los feligreses que buenamente quieran hacerlo.
Una vez más me complazco el transmitirle estas órdenes superiores, en reiterarme siempre aftmo. s.s. y a. en Xto.
Francisco Reigosa”

Foron anos de actividade na parroquial do Freixo, porque nese momento se merca unha nova campá, e se refunde a anterior, tal e coma xa amosara nun artigo adicado ás campás de As Pontes, e do que vos presento o permiso do Bispado, a continuación, para a súa bendición:
ORIXINAL, PERMISO DO BISPADO PARA BENDICIÓN DAS CAMPÁS DO FREIXO

permiso-campas.jpg


TRANSCRIPCIÓN
“Por las presentes, facultamos al Sr. Cura de San Juan de Freijo, en el Arciprestazgo de Puentes, para bendecir la nueva campana adquirida para la iglesia de dicha parroquia, por refundición de otra de la misma iglesia.
Dadas en Mondoñedo, a treinta y uno de marzo de mil novecientos cincuenta y tres. Mariano, Obispo”.
A refundición da campá e a confección do badal tivo un custe de 5.691 pts, e foi realizado, coma a outra campá, en Monforte de Lemos, na casa “Antonio Blanco Lemos”.

FACTURA DA REFUNDICIÓN DA CAMPÁ DO FREIXO

factura-refundicion.jpg


Neses mesmos anos o Freixo inauguraba o seu novo Camposanto, corría o ano de 1951. O seguinte documento é a copia da acta de inauguración de ese camposanto, autorizada polo entón Bispo (exercendo de administrador apostólico xa) Don Fernando Quiroga Palacios. Don Fernando remataría sendo o gran Cardeal de Santiago, soterrado na actualidade tras do Pórtico da Gloria da Catedral Compostelá. Querido entrañablemente pola cidade Compostelá, na que edificou o Seminario Menor da Asunción en Belvís, e participante no Concilio Vaticano II. Din que era un home corpulento e grande, pero que nunha ocasión un neno dixo del que “era grande pero non daba medo”. Trátase da figura eclesiástica galega máis importante do século XX, que un día, xa a piques de irse da diócese, autorizou a inauguración do Camposanto no que hoxe descansan moitos dos antigos veciños do Freixo.
COPIA DA ACTA DE INAUGURACIÓN DO CAMPOSANTO DO FREIXO

acta-camposanto-freixo.jpg


TRANSCRIPCIÓN
“En S. Juan del Freijo, Municipio de Puentes de García Rodríguez, provincia de La Coruña y Obispado de Mondoñedo, a dos de noviembre de mil novecientos cincuenta y uno.
Yo el Presbítero D. Ceferino Dobarro Martínez Cura-Ecónomo de la predicha parroquia, previa autorización concedida el día doce de septiembre del próximo pasado año por el Excmo Señor Administrador Apostólico D. Fernando Quiroga Palacios, con la asistencia de la mayor parte de mis feligreses, procedí, según prescriben las Sagradas Rúbricas, a la bendición solemne de este Cementerio parroquial, construido por los vecinos del Freijo y donado a esta Iglesia por el Municipio de Puentes de García Rodríguez en el año de mil novecientos cincuenta, según consta en el acta correspondiente de entrega. Ceferino Dobarro Martínez”.

Imos agora ata outra parroquia, a de O Aparral, e ó ano de 1910. Como ben sabemos, pertencera ó Condado de Vilalba, e polo tanto era unha parroquia que estivo pasando de mans, e con límites relativamente complexos. Ás veces, unhas casas ou uns barrios cadraban a desmán para ir á Misa, ou incluso os parroquianos preferían a un determinado crego que a outro. O seguinte auto amósanos a varios veciños que solicitaron, e concedéuselles, a segregación da parroquia de Aparral para engadirse á limítrofe de San Martín de Piñeiro. Leváballes menos ir á Misa, pensemos que o dos coches… , bueno, pois que eran escasos e coma que non ían todavía polas nosas corredoiras.
DOCUMENTO ORIXINAL DA SEGREGACIÓN DE ALGÚNS VECIÑOS DE SANTA MARÍA DE APARRAL E AGREGACIÓN A SAN MARTÍN DE PIÑEIRO

acta-segregacion-1.jpg


TRANSCRIPCIÓN
“Auto. En la Ciudad de Mondoñedo á veintiuno de Junio de mil novecientos diez. Nós el Doctor D. Juan José Solís y Fernández, por la gracia de Dios y de la Sede Apostólica Obispo de Mondoñedo, examinado el expediente anterior y
Resultando que el día veinticinco de Abril del corriente año, Don Pedro Caaveiro, Don José María López y Don Vicente Ledo, vecinos de Santa María del Aparral, anejo de San Pedro de Roupar, Nos han dirigido una instancia solicitando su segregación de dicha parroquia del Aparral y su agregación á la de San Martín de Piñeiro, por distar de ésta sólo un cuarto de hora y de aquella casi una hora de camino;
Resultando que tanto el Sr. Arcipreste de Puentes, á cuyo Arciprestazgo pertenecen dichas parroquias, como los Sres. Curas de las mismas, á quienes interesa la desmembración, han informado favorablemente acerca de los extremos de dicha instancia, y todos están perfectamente conformes en que los mencionados vecinos sean segregados de la parroquia de Santa María del Aparral y agregados á la de San Martín de Piñeiro;
Considerando que, según Nós mismo hemos podido observar al practicar la Santa Pastoral Visita, al mejor servicio y la buena administración de los vecinos recurrentes reclaman la agregación de los mismos á la parroquia de San Martín de Piñeiro, por responder mejor á las necesidades de su pasto espiritual;
Considerando que, según el artículo 24 del Concordato de 1851 y en virtud del Real Decreto de 21 de Enero de 1896 y Real Cédula auxiliatoria de 25 de Febrero del mismo año, estamos autorizado, y sin necesidad de pedir el asenso Real cuando no se causa aumento en el presupuesto del Estado, para proceder al arreglo y demarcación parroquial, á fin de atender á las necesidades del culto y pasto espiritual de los fieles encomendado á nuestra solicitud pastoral;
Venimos en segregar y segregamos de la parroquia de Santa María del Aparral, anejo de San Pedro de Roupar, á los expresados vecinos D. Pedro Caaveiro, D. José María López y D. Vicente Ledo, y los agregamos a la de San Martín de Piñeiro, cesando, por consiguiente, toda jurisdicción del Párroco de San Pedro de Roupar y Santa María del Aparral sobre los mismos y asumiéndola el de San Martín de Piñeiro. Expídase copia autorizada de este nuestro auto á los dos señores Curas mencionados y publíquese en el Boletín oficial del Obispado.
Así por este su auto lo proveyó, mandó y firma S. S. Ilma. El Obispo mi Señor de que certifico. Juan José Solís. Por mandado de S. S. Ilma. José Herminio Heria Prbo”.

Ata aquí varios datos anecdóticos cos que quero contribuir hoxe para agradecerlle a súa presencia ós veciños de O Aparral e O Freixo nas III Xornadas de Estudios Históricos.

Xabier Martínez, nos derradeiros momentos do Círculo Lítico

También podría gustarte
Comentarios