Demolición do muro da Fraga

[RTVIASPONTES] No mes de maio rematarán previsiblemente as obras dunha nova fase do Parque do río Eume. E agora a actuación céntrase no que sempre coñecidos como parque da Fraga, ou parque de Dona Rita.


O máis salientable a simple vista é a demolición do muro de formigón que rodeaba todo este recinto. Iso permitirá encaixar totalmente esa area có resto do parque, coa zona de ampliación na Fraga e coa dos Chaos. A impresión visual que produce a retirada deste cerre é moi apreciable, a pesar de que apenas tiña metro e medio de altura.
Dentro do proxecto do parque trátase da area de actuación dúas, que abrangue unha superficie de 18 mil metros cadrados, plantado con carballos, pinos e algunha nogueira. O proxecto indica que o peche que houbo ata agora é anacrónico, debido á ampliación da Fraga aos espacios adxacentes.
Entre outras actuacións, está previsto acomete-la preparación de camiños como sendas bradas, ademais de colocar moblaxe urbano, con bancos, mesas e papeleiras. Tamén habería que colocar unha nova verxa metálica a carón da pista polideportiva. Outros dos puntos é revestir o transformador de Endesa para merma-lo seu impacto neste medio.
Estas obras continuarán deica o mes de maio, e teñen un orzamento cercano aos 300 mil euros, aportados pola Deputación da Coruña. Os traballos foron adxudicados á empresa Espina.
Os responsables municipais teñen previsto inaugura-los tramos correspondentes a esta area de actución, dende o antigo mercado de gando aos Chaos, denantes do verán.

También podría gustarte
Comentarios