Do 10 ao 27 de Abril Sala de exposicións do Mercado Vello As Pontes
Hoxe martes, día 10 de Abril, ÁS 12H inaugurase na sala de exposicións do Mercado Vello do Concello das Pontes O mundo na túa cabeza. ¿Que sabemos e como nolo contaron?
A presentación da exposición asistirá o Director xeral de I+D+i e persoal do museo de historia natural de Santiago de compostela.
Experimentos, probas interactivas e ilusións visuais explican como funciona o cerebro na mostra O MUNDO NA TÚA CABEZA esta exposición amosa o proceso da información dende os sentidos até o cerebro e ofrece unha viaxe na que o punto de partida son as percepcións sensoriais humanas e o destino o procesamento da información no encéfalo. A mostra dá ademais unha perspectiva histórica da neurociencia e detalla técnicas utilizadas na investigación nesta materia ao longo da historia.
Información para apertura da exposición:
Horarios de apertura da expo con visitas :
de luns a venres de 10 a 14h e de 16 a 20h e sábados de 11 a 14h e de 17 a20h
A exposición contará con monitores que farán de guias da expo a que poderán acudir estudantes de 3º ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos e público en xeral.
Se desexan concertar visitas para grupos dirixirse a:
museo de historia natural luis iglesias
981 593 589 (Paula Lorenzo) museohn@usc.es
Como novidade, esta exposición compleméntase coa celebración dun café científico cerebro, mente e outras lerias. Lonxe do tradicional formato de conferencia, estas reunión permiten a interacción de científicos e público no ambiente distendido dunha cafetería. Nos café participará o profesores Casto Rivadulla e Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza, que ofrecerán unha visión lúdica e diferente da neurociencia. Este café celebrarase na Cervecería Excalibur o venres 20 de Abril ás 20.00h . Todos asistentes serán convidados a unha consumición.
O mundo na túa cabeza presentouse con motivo da Semana da Ciencia 2006 e o seu éxito de público (visitárona máis de 8.600 persoas en novembro e decembro do ano pasado) fixo que a Dirección Xeral de I+D+i decidise darlle continuidade este ano.
A exposición enmárcase dentro das actividades do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010, IN.CI.TE. O seu obxectivo é facilitar un maior coñecemento da ciencia e a tecnoloxía na sociedade galega e facer reflexionar aos cidadán sobre a evidencia de que vivimos rodeados de ciencia e da importancia que ten para acadar o progreso e o benestar.
Cortesía Departamento de Cultura do Concello de As Pontes