DERROTA DO AS PONTES XUVENIL: C.D. AS PONTES -S.D. XUVENTÚ AGUIÑO (2-4)

O As Pontes xuvenil segue sen gañar na liga nacional despois de perder no Poboado diante do que ata esta xornada éra o colista do grupo, Xuventú Aguiño. O resultado foi de 2-4 a prol dos visitantes.
aspontes_infantil_1.jpg


O partido púxose mal para os ponteses, xa que ós quince minutos marcaban os visitantes. Reaccionaron os locais e no treito final da primeira parte, Xavi e Cañizares culminaron dúas xogadas do xogador máis incisivo dos ponteses, Borja.
Na segunda parte os visitantes aproveitaron o vento a favor e, se a elo engadimos o desorde na defensa pontesa e ó desgaste da primeira parte, sobre todo de Borja, o cadro de Aguiño deulle a volta ó marcador marcando tres goles máis, o derradeiro en claro fóra de xogo non sinalado polo árbtro nin o asistente.
O adestrador pontés, Carballo, aliñou inicialmente a Marcos, Antón, Carlos, Fran, Toti, Júnior, Jandro, Xavi, Borja, Cañizares e Kilian. Na segunda parte entraron Tara, Juan, Fernando e Ali. Na vindeira xornada o As Pontes xoga na casa do Areosa.
Nova cortesía de A.F.
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg
aspontes_infantil_1.jpg

También podría gustarte
Comentarios