Descárgate a ISO do CD co OpenOffice.org 2.1 en galego para tódalas plataformas

Lendo mancomun.org:
“Xa te podes descargar dende a nosa web a ISO do CD que contén tódalas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.”…

openoffice_21_iso_banner.jpg


…”O CD contén:
* OpenOffice.org 2.1 para Windows, GNU/Linux (formato deb e rpm) e Mac OS X (para procesadores Intel) co corrector ortográfico en galego xa instalado.
* Pack de idioma galego para a versión de Windows.
* OpenOffice.org 2.0.2 para Mac OS X con procesador PPC.
* O corrector ortográfico de galego listo para instalar co asistende do OpenOffice.org.
*
CD con autoexecución.
Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou pulsando na imaxe que acompaña a esta nova e que tamén podes ver noutras partes da nosa web.”…
Fonte: mancomun.org

También podría gustarte
Comentarios