Amigus
As Pontes

Desenvolvemento de ferramentas didácticas multimedia en Software Libre no Proxecto Europeo Efelcren

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lendo mancomun.org:
“Efelcren, que está financiado pola Comisión Europea e coordinado pola USC, introdúcese agora na análise e no desenvolvemento dun espazo de traballo colectivo que permita a creación e validación en liña de materiais didácticos multimedia mediante ferramentas de Software Libre.”…


…” O fin primordial da nova iniciativa é conseguir que calquera mestre/a poida aprender e deseñar obxectos de aprendizaxe, adaptalos ás súas necesidades e compartilos cos seus/súas colegas de toda Europa. Esas mesmas ferramentas que os/as docentes aprendan a deseñar empregaranse logo en espazos de formación en liña de Educación Primaria e Secundaria para conseguir as mellores estratexias posibles en materia de aprendizaxe electrónica.
Os materiais didácticos elaborados até o momento acadan xa máis de 80 obxectos de aprendizaxe multimedia, sobre temáticas diversas, e poranse á disposición da comunidade educativa a través dun Centro de Recursos en liña adaptado e implementado pola área de e-learning do Cesga. Un Centro que vai contar con información sobre ferramentas de autor que permiten o deseño de materiais e que farán posible categorizar os recursos, realizar procuras seguindo distintos criterios e exportar materiais…
A iniciativa Efelcrén conta coa participación de mestres/as e persoal especializado, aos que se unen tamén investigadores en didáctica e novas tecnoloxías, técnicos de TIC e estudantes europeos.
Páxina do proxecto: Efelcren“…
Fonte: mancomun.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios