Amigus
As Pontes

Dez anos de CiberIrmandade

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Lémbraste do ano 1996? Todos e todas tiñamos dez anos menos. En 1996 xa existía a rede de redes. En Galiza era algo novo ao que poucos e poucas tiñan acceso. Naquela incipiente arañeira xa agromaban algunhas páxinas en galego, non máis de 300, pero xa as había. Nese contexto no que a internet comezaba a existir para a sociedade galega naceu a CiberIrmandade da Fala. Hai dez anos, que en tempo-rede é un eón. Dende aquela, foron moitos os
webs galegos que desapareceron, mais a CiberIrmandade sobreviviu e hoxe, unha década máis tarde, somos unha das organizacións máis antigas da rede.


Foi en decembro daquel prehistórico 1996 cando se enviou a primeira mensaxe, cando tivo lugar a primeira acción da CIF. Nestes dez longos anos, nos que a CIF viviu momentos de actividade frenética e momentos de coma profundo, propuxéronse centos de obxectivos, dos que máis de 70 foron aceptados como tales polo grupo de ciberimandiñ@s. Unha pequena parte deles tiveron unha resposta inmediata dos xestores ou xestoras dos sitios, que procederon a galeguizala. Só por iso xa paga a pena todo o esforzo. E dos que non chegaron a facelo, foron moitos os que adicaron uns minutos a valorar esa posibilidade, o que tamén consideramos un éxito. Traducíronse programas, colaborouse con asociacións en defensa do galego, organizáronse campañas especiais…
Se queres saber mais do que foi a CiberIrmandade da Fala, da sua evolución, ofrecemosche un percorrido por dez anos da nosa historia. http://www.ciberirmandade.org/content/view/126/27/

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios