Dez tecnoloxías que deben morrer

Lendo a bitácora de carpanta, un artigo de Bruce Sterling:
“Algunhas tecnoloxías son tan descaradamente molestas que a raza humana se regocixaría se foran eliminadas. Unha sociedade sabia respetaría ós seus xoves técnicos innovadores polos servicios rendidos ó aniquilar tecnoloxías obsoletas que son as perigosas resacas de anteriores xeracións, menos avanzadas. Permítanme ofrecer algúns candidatos.”…


…”1. As armas nucleares.
Un pode facer algúns argumentos sólidos con respecto á enerxía nuclear, os radioisótopos médicos son bastante manexables, mentras a nave espacial para largos viaxes apenas sí pode funcionar con ningunha outra enerxía, pero non hai ningunha razón pola que nosoutros debamos seguir pretendendo que precisamos freir trozos enteiros de continentes. Non só é torpe técnicamente as armas nucleares, senon que amosan un desexo de morte máis axustado a al-Qaeda que a unha civilización.
Hoxe en día, un estado ben organizado pode borrar prácticamente calquera obxectivo imaxinable coa esquisita exactitude do GPS. As bombas convencionais e de racimo poden ser de calquera tamaño ou potencia que o exército puidera precisar. Isto deixa ás bombas nucleares cunha soa función ideal: o terrorismo. Son armas excelentes para os que xoves antigubernamentais as despleguen contra os centros de goberno. Son bastante inutis para que os gobernos as despleguen contra os terroristas. Entón ¿por qué os gobernos aínda están a fabricar estos obxectos caros, perigosos e facilmente robables?.”…
Fonte: barrapunto.com
Recollido de: technologyreview.com

También podría gustarte
Comentarios