Amigus
As Pontes

Unha ollada arredor de todo o deseño do século XXI

Lendo elcorreogallego.es:
“Os editores Charlotte e Peter Fiell expoñen nun non por pequeno pouco importante volume, un panorama do deseño de obxectos e mobiliario, neste mundo globalizado, internetizado e tecnolóxico do século vinteún. Non se trata dun vademécum, nin dunha selección das testas brillantes, antes ben é unha fermosa ollada ó eido cibernético do deseno de hoxe en día. ¿Por qué é doado ler un novo volume sobre unha teima tan manida como o deseño?.
A resposta é ben sinxela, como diría Baudelaire “é esencial seres absolutamente moderno”, eu diría contemporáneo… non se trata nin mais nin menos que dunha máis da numerosas fontes de información, coas que os amantes das artes enchemos a nosa famenta materia gris.”…


…”Dende que hai oito anos, o kaiser, Karl Lagerfeld, subastara a súa soberbia colección de moble do século XVIII, nunhas vendas lexendarias en París, Montecarlo, New York e Londres, quedou claro que a tendencia mestra non eran os Boules, os vidros de Sévres en paraventos, nin os bronces ou calaminas rematando mesas de palisandro marqueteadas en limonciño. O kaiser, vendía a súa museable colección para encher os seus apartamentos do Marais de vacío diáfano, como a nave da Odisea 2001 de Kubrik.
Nesa nova casa de monsieur Chanel, somentes había sitio para un ordenador, un can robótico e mobles forrados en pel vermella e negra. Por suposto, eu, daquela tamén troquei o meu habitáculo. O que ancestralmente era unha biblioteca, é unha cdromteca, a cociña é un wok, e o cuarto de baño é un ximnasio.
Cando os italianos do grupo Menphis fixeron acto de presencia cos seus mobles de cores planos en tódalas revistas e escaparates, dende Domus ate Via di Ripetta, eu merquei un leito grande coma un ring de boxeo _que tamén tiña Karl Lagerfeld en Mónaco_, e unha cadeira con respaldo de aro, como un vestido de Agatha Ruiz de la Prada, tan fermosos ámbolos dous como incómodos.
Chegaron despois tempos de Eyleen Gray, estilo anos cincuenta francés, con Jean-Michel Frank e os paneis de parede en laca chinesa cor zucre de crisantemo. Pero as teixedurías de galuchat _pel de peixe seca e curtida_ duraron pouco, pois foron rapidamente fagocitadas polos estitlistas do mundo enteiro.
Finalmente nunha sabia volta ós clásicos, reapareceron as tumbonas de Le Corbusier, as sillas Wassily de Breuer , as lámpadas de Murano de Gae Aulenti, os mobles de coiro de Afra e Tobía Scarpa e os sillóns intelixentes dos Eames, todo envolto en op-art de Vasarely, Luis Caruncho e cores de Calder nos tapices e esculpturas.
Tras esta esgotadora andaina polas miñas mouradas e polas belas artes de século XX , ¿non é doado keep up co estilo e afondar nas novedades do século XXI?. Comprar clásicos está ben, pero os artistas de hoxe tamén meritan xantar ¿eh non?. Neste libro que hoxe lles recomendo, amantes das artes, atoparan moitos escuros obxetos de desexo cos que encher as suas casas adosadas, pareadas ou illadas. Poden poñer unha parede de tecido no salón desenada por Marcel Wanders, e fronte a ela unha mesa con banco de Martin Szekely. Como servicio de mesa algúns vidros creados para Orrefors por Ingegerd Raman, que son a maior fermosura concéntrica que coñezo despois do queixo de Arzúa. Na cociña os utensilios de Harri Koskinen, son tan provocativos ,como unha mini saia nas pernas torneadas dunha moza. Ademais hai novos equipos para novas funcións.
En calqueira caso o universo obxectos do futuro bascula entre o esencialismo do deseno nórdico, con pureza de liñas e individualismo na producción e o colorismo do mundo Alessi ou aledaños, con alegría de vivir e masificación na producción. Pero en ámbolos dous casos a proa dos creadores vai dirixida cara ás novas tecnoloxías e novos materiais, as pezas son tanto millores canto mais rotundos son os elementos que as conforman, así non perdan de vista a porcelana maleable, a espuma de aceiro, neoprenos tridimensionais ou elementos inflables. Os meus amigos de Andrómenas ou da Alegre Compañía, contan nas súas cámaras das maravillas con estes e outros caprichos necesarios.
Escoiten ballet, vexan as sinfonías de Brahms, canten videocreacións de Vicente Blanco e amen as artes.”
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios