Amigus
As Pontes

Día das Letras Galegas no Bierzo 2005

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Chéganos unha nota de prensa dende Ponferrada:
DIA DAS LETRAS GALEGAS NO BIERZO 2005.
LUGAR : OBRA SOCIAL DE CAIXA ESPAÑA EN PONFERRADA.
DIA : 13 maio das 7 as 9 da Tarde.

Homenaxe a primiera revista escolar em lingua galega no bierzo. ” A CORUXA” publicada durante 11 anos no Colexio de Corullón. O director do centro dará uma charla esplicando a historia da revista. O remata faraselle entrega de uma escultura realizada polo escultor valdeorrés Henrique Rei.


Proxeción da curtametraxe ” O AVÓ ” do Obradoiro de Iniciación á Curtametraxe
integrado no proxecto ON & OFF de Mr Misto Films. Proxecto que percorre toda galiza producindo pezas de curta duración.
” O AVÓ ” é unha produción de Vilar de Santos e Mr misto Films….
Nenos e Colexios que participan:
Os alumnos do Garcia Yebra de infantil ,con traballos realizados nas suas aulas.
Os alumnos do CRA Jimena Muñiz de Corullon das localidades de: Paradela e
Parandones representarán a obra “Eu Ghopezo no eghe. ¿E que?”. Trata dun
neno que non sabe pronunciar o erre.
Os alumnos de Corullón escenifican o poema “Maruxa” do autor de Vilafranca
do Bierzo José Bálgoma Suárez.
Os alumnos do CRA de Toral de Meraio com ” A Carolina” peza tocada coa gaita e cantada por eles.
Convidados que confirmaron asitencia:
Poetas:
Jose Alberte Corral Iglesias.( Galiza)
Maria Xose Montero.( Bierzo)
Roi Brâs.(Galiza)
Ainda.(Bierzo)
Igor Lugrís. (Galiza)
Artur Alonso Novelhe. ( Galiza)
Cantautores e músicos.
Anxo Rei (Valdeorras)
Pepe Cañal.(Bierzo)
Issac Garcia.(Bierzo)
Grupo de gaitas.(Bierzo)
A seguir do acto tomaremos um viño e ums pinchos no Centro Galego do Bierzo o prezo é de 3 euros hai que confirmar número de asitentes o antes posible.
Saúdos Silvia Ribas.
Coordenadora do Dia das Letras Galegas no Bierzo, esperamos contar con vós ese dia. polo Bierzo grazas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios