Partidazo o dos veteranos de Felipe Mieres este domingo á mañá no Evaristo Puentes no que venceron 5-2 nun encontro moito máis complicado do que indica o marcador.
De feito, pese a adiantarse no inicio con tanto de Guille, non foi ata o último cuarto de hora cando se sentenciou o encontro con catro goles consecutivos de Santi (2), Guille e Chote, anotando os dous tantos da honra os de Arteixo co tempo cumprido.
Tres maravillosos puntos para ser décimos con 11 puntos antes de visitar sen confianzas ao colista con 5 puntos Sporting Meicende.
Xogaron Hugo Ferreiro, Noé, Justo, Guille, Alejandro, Fermín, Santi, Hugo Corral, Chote, Dani, Iván; Emilio, Toni, Púas, Jordano, Rivas, Javito, Juan.
Nova cortesía Xose Ferreiro





























































Nova cortesía Xose Ferreiro
Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.