DOBLETE PONTÉS NO I SLALOM VILA DE AS PONTES

Fran Pico e Pablo Castro, do As Pontes Motorsport, lograban as dúas primeiras prazas

Novo doblete do As Pontes Motorsport no primeiro Slalom Vila de As Pontes, proba organizada polo Concello, o Automóbil Club As Pontes e o As Pontes Motorsport.

Fran Pico lograba o mellor tempo na segunda das mangas, parando o crono en 2:03:69, superando o tempo de Pablo Castro na primeira, que fixera 2:05:30, mentres que Joel Souto quedaba coa terceira marca.

Tralas probas de Sarria, Moeche, Valga, Rianxo e esta pontesa, segue liderando Pablo Castro con 1256 puntos, agora con menos ventaxa sobre Fran, que ten 1216, quedando por disputar as de Touro e Fene.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios