Esta fin de semana disputouse a terceira proba do Campionato Galego de Slalom.
E o piloto pontés Adrián Bouza Soto voltou a gañar por terceira vez consecutiva, como xa fixera en Sarria e Moeche.
Fixo un sensacional tempo de 1:34:77 na segunda manga, que lle valeu o triunfo.
O tamén pontés Pablo Castro Pajón conseguiu o segundo posto, tras facer 1:37:39, tamén na segunda manga. Terceiro foi Joel Souto, cun tempo de 1:37:64.
Lidera a clasificación xeral Adrián, de Escudería Meira, e segundo é Pablo Castro, do As Pontes Motorsport, á falta das probas de Castro, Touro e Fene.
Nova cortesía de Xose Ferreiro