Amigus
As Pontes

Dr. Funkstein en Vilagarcía de Arousa

A banda pontesa Dr. Funkstein tocará esta noite na vila pontevedresa de Vilagarcía de Arousa no certame de novos talentos.

dr.funkstein-nabiza.jpg


Esta noite, a partir das 22:00h, terá lugar o concerto de Dr. Funkstein. Esta actuación encádrase dentro do 3º Certame de Novos Talentos. A organización deste certame ven de mans do Concello de Vilagarcía, O recanto de Farruco (local que organiza eventos musicais na vila) e a productora musical Goomer Produccións.
Dentro deste concurso participan máis de trinta formacións chegadas dende toda a xeografía galega, e abarcando diversos estilos, como o Rock, Pop, Folk, Jazz, blues, punk, etc. As rondas eliminatorias veñense celebrando dende mediados do mes de Agosto; a principios do mes de setembro comenzarán as semifinais, tendo lugar o Venres 19 de setembro a gran final.
Xunto con Dr. Funkstein, actuarán esta noite o grupo de rock “Indana” (formación da Estrada), “Os Ferreiros da taberna” (grupo folk de vigo), os punks de “Fai tun flai” procedentes Lugo, e a banda “Shiva”, de rock alternativo, dende Vigo.
Esperamos que a sorte e o xurado acompañen a Dr. Funkstein neste concurso.

También podría gustarte
Comentarios